Demostrar máis polo feito de ser muller

Marín homenaxeou durante o acto institucional do 8-M ás profesionais do sector do transporte e contou coa testemuña de tres traballadoras de diferentes ámbitos laborais

María Esther Chazo Angueira, Amparo Omil e Yolanda Paredes. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera María Esther Chazo Angueira, Amparo Omil e Yolanda Paredes. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Tres mulleres, tres ámbitos laborais diferentes, pero un mesmo condicionante: "Ter que demostrar máis ca os teus compañeiros" exercendo o mesmo traballo. O Concello de Marín reuniu este martes durante a declaración instucional do Día da Muller Traballadora a profesionais que, a pesar de exercer en diferentes ámbitos laborais, pertencen ao mesmo sector, ao dos transportes Este colectivo foi ao que este ano o se lle quixo adicar o 8-M na vila marinense.

O Salón de Actos acolleu o acto institucional que estivo presidido pola alcaldesa María Ramallo e a asesora xurídica do CIM, Clara Rodríguez, e coa presenza de todos os grupos da Corporación e das asociacións de mulleres da vila, que forman parte do Consello de Muller.

Xunto a elas, na mesa presidencial do Pleno estaban as mulleres que representaban ao colectivo laboral homenaxeado: a taxista, Amparo Omil González e a conductora da Brilat, María Esther Chazo Angueira, así como a comandante da Escola Naval Militar, Yolanda Paredes Conesa, que tamén compartiu o seu caso.

Amparo Omil, veciña de Marín, leva máis de 14 anos nun sector no que tivo "bastantes trabas" para acceder, xa que "é un gremio bastante machista". A pesar de todo, Omil loitou polos "seus deberes como taxistas", un feito que lle "rompía os esquemas" aos homes do sector que estaban acostumados a "facer o que quixeran". Actualmente en Marín hai catro mulleres taxistas, tres con dedicación ao 100% á profesión. Ademais, Amparo, é a presidenta da emisora RadioTaxi Marín e encargase do "bo funcionamento da emisora". 

María Ramallo: "É necesario crear postos de traballo en sectores aínda moi masculinizados"

Tamén María Esther Chazo Angueiras, conductora de ambulancia na Brilat e encargada do mantemento dos vehículos, tivo "muchas dificultades" á hora de acceder ao seu posto de traballo. "Tuve que adiestrarme en conducción todoterreno, en conducción nocturna, aprender a cambiar una rueda, el líquido de frenos o el aceite", conta Chazo, que a pesar das primeiras barreiras di que nas Forzas Armadas "no hay trabajos de hombres o de mujeres. Todos somos militares". O 15% das mulleres da Brilat están no sector do transporte, aínda que en diferentes unidades.

Mentres que Amparo Omil se introduciu no sector dos transportes por un feito de saída laboral, María Esther fíxoo por mera vocación. "Desde que cumplí los 18 años tenía muy claro lo que quería ser".

Por último, a comandante da Escola Naval Militar, Yolanda Paredes Conesa, contou como foi o seu ingreso nas Forzas Armadas, sobre todo nun gremio no que "al principio, cuando empecé, les resultaba chocante ver a una mujer a bordo de un barco. Te miraban como si fuesen un ente extraño". Paredes, de Murcia, é profesora de logística e informática no centro castrense, onde tan só hai outra muller exercendo o mesmo posto, Por iso, dende o seu comezo tivo claro que "tienes que hacerte un lugar y demostrar que vales incluso más que el resto de tus compañeros".

As tres, por aclamación, quixeron recomendar o seu traballo a outras mulleres, a pesar das dificultades. Nesta mesma liña, a rexedora, María Ramallo, "é necesario crear postos de traballo en sectores que aínda están moi masculinizados".

Ramallo pechou o acto institucional pedindo que neste 8-M sigamos mirando cara adiante e facendo referencia ás novas maneiras de vivir que trouxo consigo a pandemia, como o teletraballo, para que esteamos moi alerta de que non supoñan "un retroceso nos pasos que levamos dado e que tanto costaron, porque sabemos que os coidados e os labores domésticos sempre recaen en nós, máis aínda estando na casa". 

Comentarios