viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

O Concello de Marín busca dinamizar a lectura a través das obras de María Victoria Moreno

María Victoria Moreno. ARCHIVO
María Victoria Moreno. ARCHIVO

O Concello prepara actividades para os escolares co fin de darlles a coñecer a figura da escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas

A Concellería de Educación do Concello de Marín pon en marcha, un ano máis, o programa de dinamización de lectura, enfocado aos centros de ensinanza municipais, coincidindo co periodo de celebración do Día do Libro, que será mañá, el co Día das Letras Galegas.

Nesta ocasión, o departamento local ofertou a todos os centros educativos dúas actividades diferenciadas, co fin de que cada alumno escolla a que mellor se adapta ás súas cualidades e poñendo o foco sobre as distintas aptitudes que teñen os rapaces de Infantil e de Primaria.

Os textos de María Victora Moreno serán os protagonistas do ciclo infantil, que aprenderán sobre a escritora á que se lle adica o día grande da literatura galega, a través dun contacontos e dunha serie de representacións teatrais que repasarán a vida e a traxectoria da artista.

Para os estudantes dos tres primeiros cursos de Primaria, o Concello diseñou uns obradoiros, nos que os rapaces terán que descubrir o final dun conto que lles achegará tamén á biografía de María Victora Moreno. O obxectivo é que os alumnos traballen xuntos, en pequenos grupos, para que lle dean renda solta á súa imaxinación, creando finais alternativos a un dos libros da escritora.

Con este programa de accións culturais, o Concello quere poñer en valor a figura da mestra e incentivar o hábito lector entre os máis pequenos, unha teima na que tamén colaboran as asociacións, como é o caso da entidade Intercambio do Saber, que precisamente hoxe celebra a sexta edición do seu troco de libros usados na Alameda. O ano pasado conseguiron mover máis de 2.000 títulos, que gañaron unha nova vida ao cambiar de mans. Nesta edición tamén haberá xogos tradicionais e artesanía a cargo das asociacións Gallaecia, Bolymar e Gharaboto.

O Concello de Marín busca dinamizar a lectura a través das obras de...
Comentarios