sábado. 28.03.2020 |
El tiempo
sábado. 28.03.2020
El tiempo

Os disfraces apodéranse do colexio Sequelo para celebrar o Entroido

Nenos e profesores celebraron o Entroido. A. PAZ
Nenos e profesores celebraron o Entroido. A. PAZ
Nenos, profesores e familias disfrutaron este xoves do tradicional festival no colexio

O Entroido encheu un ano máis de disfraces, música e comida as instalacións do CEP Sequelo nunha das celebracións con máis importancia do centro escolar. Dende primeira hora da tarde as fiolleiras puxéronse mans á obra por décimosexto ano consecutivo para ofrecer filloas caseiras a todos os asistentes do festival.

O desfile de disfraces era un dos eventos máis esperados polos nenos que participaron con todo tipo de conxuntos e personaxes. Star Wars, Frida Khalo ou os recurrentes superheroes, foron algúns dos máis repetidos entre a gran explosión de cores. O profesorado non quiso tampouco faltar a cita e sumouse as celebracións luciendo as súas mellores galas.

Tampouco faltou a comida que, ademáis do tradicional obradoiro da filloa, contou con todo tipo de produtos típicos da época que os memos alumnos e as súas familias prepararon con motivo desta cita tan especial.

Os disfraces apodéranse do colexio Sequelo para celebrar o Entroido
Comentarios