domingo. 15.09.2019 |
El tiempo
domingo. 15.09.2019
El tiempo

Dúas detencións por violencia de xénero esta fin de semana en Marín

Manifestación en Pontevedra por el Día de la Mujer. RAFA FARIÑA
Manifestación en Pontevedra por el Día de la Mujer. RAFA FARIÑA
A primeira tivo lugar nun domicilio familiar en Seixo ▶ A segunda relizouse tras as celebracións na Praia de Loira

A Policía Local de Marín realizou esta fin de semana dúas intervencións por violencia de xénero, unha en Seixo e outra na zana de Loira, que remataron con dous detidos.

A primeira intervención realizouse ás 23.52 horas da noite do sábado, despois de que uns veciños alertaran por teléfono da discusión que estaba a acontecer entre unha parella no seu domicilio familiar. A compañeira do agresor, que foi detido, foi trasladada a un centro de saúde das proximidades para evaluar a gravidade das súas lesións.

O segundo caso tivo lugar este domingo ás 7.27 horas, no marco das festas de Loira. Os axentes, mentres realizaban o servizo de patrulla, chegaron a presenciar como o detido maltrataba á súa compañeira sentimental. A pesar do aparatoso da disputa, a afectada non presenta danos significativos.

► Todos os detalles coa edición en papel de Diario de Pontevedra este luns ◄

Dúas detencións por violencia de xénero esta fin de semana en Marín