Érguete e Marín traballan para facilitar a reinserción de drogodependentes

A entidade puxo en marcha na vila o programa Sísifo, que se dirixe principalmente a grupos de poboación con consumos activos
A furgoneta de Érguete atópase preto de cemiterio de barcos do Paseo. DP
photo_camera A furgoneta de Érguete atópase preto de cemiterio de barcos do Paseo. DP

O Concello de Marín atópase colaborando coa Fundación Érguete-Integración no desenvolvemento de diversos programas destinados a axudar a persoas drogodependentes a reinsertarse na sociedade. Unha desas iniciativas é o programa Sísifo, que se dirixe a grupos de poboación con consumos activos ou a aqueles que exhiben factores de alto risco que incrementan as posibilidades de desenvolver un consumo perxudicial.

A través dunha furgoneta situada preto do Cemiterio de barcos do Paseo Alcalde Blanco, un equipo formado por varios profesionais encárgase de determinar as necesidades sociais e psicolóxicas, así como as sanitarias, deste grupo de poboación.

Dentro das accións que se desenvolven para cubrir estas necesidades está a de facilitar alimentos quentes ou productos de hixiene, así como a de apotar aos aos usuarios deste servizo información sobre hábitos básicos de alimentación, hixiene e prevención de enfermidades. Ademais, fan detección temprana de enfermidades como o VIH ou a hepatite, para garantir o seu correcto tratamento precoz.

Ao final, entre os obxectivo que se perseguen, está tamén a identificación de situacións de risco que poden derivar en potenciais consumidores e tamén servir de enlace cos Servizos Sociais do Concello para poder trasladarlles situación puntuais que lles trasladan os usuarios.

CONVENIO. O Concello de Marín firmou coa entidade un convenio de colaboración promovido para mellorar a empregabilidade das persoas en risco de exclusión social, facilitando a súa incorporación ao mercado laboral, mediante formación e prácticas en empresas.

A Aula CeMit do Concello acollerá un proxecto formativo para auxiliar de almacén, cun total de 200 horas, incluíndo as prácticas que se levarán a cabo no Banco de Alimentos de Pontevedra e no Porto de Marín, e que servirá para que as personas beneficiarias poidan traballar no sector da limpeza ou no de almacenaxe.

Comentarios