Estévez presenta o seu equipo, "o único preparado para liderar Bueu"

O PP local, avalado por Rueda e Luis López, presentou a súa candidatura para o 28-M
Un momento da presentación da candidatura do PP de Bueu. RAFA FARIÑA
photo_camera Un momento da presentación da candidatura do PP de Bueu. RAFA FARIÑA

"O único equipo preparado para liderar o Bueu do futuro". Así é como a candidata do Partido Popular á Alcaldía da localidade, Elena Estévez, definiu onte a lista coa que concurrirá ás eleccións municipais o próximo 28 de maio. Cun acto de presentación no Hotel Incamar, Estévez deu a coñecer unha candidatura conformada por "persoas especializadas en todas as áreas de Goberno, con ideas e propostas para comezar a traballar dende o minuto un". Na cita, o PP bueués contou co apoio do presidente autonómico do partido, Alfonso Rueda, e do presidente provincial Luis López.

"O municipio de Bueu precisa un Goberno local que crea de verdade en todas as súas potencialidades", manifestou Rueda, un reto para o que considera necesaria "unha alcaldesa á altura como Elena Estévez". O presidente do PP de Galicia, apoiándose na experiencia previa da candidata ao mando do Concello, asegura que o seu equipo é "a única alternativa para o cambio".

O público na presentación da candidatura do PP de Bueu. RAFA FARIÑA
O público na presentación da candidatura do PP de Bueu. RAFA FARIÑA

Prudencia, traballo, empatía, capacidade de sacrificio e visión a longo prazo foron algúns dos adxectivos que o presidente do PP de Galicia lle dedicou a Estévez durante a súa intervención no acto, no que lle brindou toda a súa confianza: "Xa fixeches historia como primeira alcaldesa de Bueu e o próximo 28 de maio vas a volver a facer historia".

A cabeza de lista do PP bueués, pola súa parte, manifestou a súa intención de "marcar un punto de inflexión, renovar o Concello e facer que Bueu avance cun Goberno con ideas e ganas de transformar o municipio".

Catro propostas principais

Estévez considera que o que lidera é un proxecto "solvente e realista" do que quixo dar a coñecer catro propostas principais: o impulso dunha residencia de maiores, a creación dun edificio multiusos para atender as necesidades de todos os colectivos, a negociación con Portos de Galicia para o uso público do edificio do Porto de Beluso e a creación de sendas peonís na vila.

A súa intervención rematou cun emotivo recordo a Valeriano Tito Martínez, conselleiro de Facenda da Xunta falecido no ano 2021 ao que definiu como "un punto de apoio e unha persoa que me brindou o seu respaldo".

Comentarios