Éxito de participación na Feira dos Libros Usados de Marín

Un gran número de veciños intercambiaron exemplares na Alameda. nunha cita na que tamén houbo música en directo

Un momento do evento. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Un momento do evento. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A Feira dos Libros Usados celebrada este sábado na Alameda Rosalía de Castro, en Marín, consegue un balance positivo na súa oitava edición. O evento comezou as 10.30 horas, cando xa podíamos ver algúns pontevedreses que se achegaban aos diferentes postos para intercambiar os seus libros.

A cita cultural xa se converteu nun clásico da comunidade educativa da vila, posto que as familias gardan durante o ano as obras xa lidas para levalas ao punto de recollida. Alí, danlle un vale para intercambiar co libro que queiran.

Este ano, o encargado da organización da Feira foi o CEIP A Laxe, a diferencia doutros anos no que o IES Mestre Landín mantíñase á fronte do evento. Cristina Sanmartín, mestra de educación infantil do CEIP A Laxe, afirmou que encargaron 1.000 vales máis co ano pasado "e aínda facía falta algún máis".

Feira de Libros Usados de Marín. CEDIDA

A Feira naceu como unha iniciativa para aproveitar os libros e fomentar a lectura. A mestra de Lingua Castelá e Literatura do IES Mestre Landín, Susana Arizaga, explicou que "repartimos preto de 250 vales no centro, pero Cristina fixo 4.000 vales e non chegaron".

Debido ao éxito do evento, a medida que avanzaban as edicións foron incoporándoselle novidades. Nos seus inicios, os libros só se podían entregar nos centros educativos. Sen embargo, este ano o Concello, Museo e Biblioteca de Marín tamén se encargaron de recoller os libros.

"Cada vez hay más volumen de libros y más volumen de familias que se acercan muy temprano para coger los mejores libros", indicou a concelleira de Medio Ambiente e Benestar Social, Marián Sanmartín.

Nos postos dos 12 centros educativos que participaron podíanse atopar libros de todos os xéneros e para todas as idades. Ademais, a actuación de "Uxía a lambona e a banda molona" animou a xornada. Tanto participantes como visitantes agardan con impaciencia a seguinte edición e a idea é que os centros educativos vaíanse rotando cada ano.

Comentarios