As Festas do Carme de Marín seguirán adiante coa súa programación

A única modificación que sufrirá o programa será o cambio de ubicación do pregón, que se fará no Parque Eguren para ampliar o aforo
A edil Beatriz Rodríguez reunida con representantes dos pasarrúas. DP
photo_camera A edil Beatriz Rodríguez reunida con representantes dos pasarrúas. DP

O programa de dinamización do verán do Concello de Marín arrancará o venres segundo o previsto. O repunte de casos de covid-19 na localidade marinense non modificará a programación das festas, que dende un principio xa se adaptou as esixencias da pandemia.

"Nosotros ya habíamos ido preparando todas y cada una de las actividades contando con un protocolo covid, evidentemente y, sobre todo, garantizando, en todo caso, la distancia de seguridad y todas las medidas necesarias para que todos los actos se puedan desarrollar en las mejores condiciones", explicou o mércores a alcaldesa de Marín, María Ramallo, tras conocer a suba de nivel do municipio ao medio.

A pesar de xa contar cunha programación adaptada aos protocolos covid-19, o Goberno local esperará o xoves á publicación do Diario Oficial de Galicia para saber se as novas restricción "nos pueden afectar y, en consecuencia, ir adaptando también el programa de fiestas a los límites que tengamos".

Hoxe a partir das 11.00 horas poderán reservarse as entradas para a actuación da París de Noia na Praza de España

PROGRAMA DÍA 1. O venres abrirase ás 12.00 horas a mostra de artesanía do 9 ao 19 de xullo, na Alameda de Marín. Ás 17.00 horas, haberá fase clasificatoria de Petanca, organizada pola Asociación Gharaboto, no Campo da Praza de España. Chegadas as 20.30 horas, Pousos da Area inaugurará o ciclo de pasarrúas.

De feito, este mércores, a edil de Cultura, Beatriz Rodríguez, reuniuse con representantes dalgúns dos pasarrúas que participarán nas festas para coordinar con eles os traxectos e itinerarios que seguirán nas súas actuacións.

Ás 21.00 horas dará comezo o pregón das Festas do Carme, que cambia a súa localización e pasa a celebrarse no Parque Eguren, co obxectivo de poder dar maior cabida aos espectadores. O pregoeiro José Francisco Gil Dopazo estará acompañado do grupo Picuíña e outras agrupacións galegas. Xuntos darán un concerto en homenaxe ao persoal sanitario das UCI de Montecelo, onde estivo ingresado Gil Dopazo durante dous meses por una neumonía bilateral derivada da covid-19. Tamén se proxectará un video no que os sanitarios volverán a ser os protagonistas.

A partir das 22.00 horas tomará o testigo a batucada Maracumbé Bloco polas rúas de Marín e media hora máis tarde, a partir das 22.30 horas, iniciarase a animación musical, con Somoza Trío en Almuíña e Praza de España; Algo pasa con Mary en Ezequiel Massoni e Los 3 Latinos en Méndez Núñez.

Por outra parte, hoxe a partir das 11.00 horas poderán reservarse as entradas para a actuación da París de Noia na Praza de España. O Concello lembra que se poderán coller a través da web do Concello, de Enterticket e no Museo Torres.

Comentarios