O festival SonRías Baixas bate un novo récord ao recibir 22.000 persoas

Un equipo da USC realizou centos de enquisas entre as persoas asistentes ao evento para calcular o efecto multiplicador que o investimento realizado supón para vila de Bueu

Público asistente a un dos concertos do SonRías Baixas 2018. CHRISTIAN FERNÁNDEZ / ARCHIVO
photo_camera Público asistente a un dos concertos do SonRías Baixas 2018. CHRISTIAN FERNÁNDEZ

Logo de tres intensos días de música o SonRías Baixas pechou na madrugada do domingo a súa décimo sexta edición e fíxoo colgando o letreiro de "completo". O festival congregou a pasada fin de semana en Bueu a 22.000 persoas, que gozaron de tres días e tres noites de música, gastronomía e praia. O festival acadou así un novo récord histórico, superando en preto de 5.000 persoas a cifra do ano 2016, a máis multitudinaria ata o momento.

Para coñecer a repercusión que o festival ten a nivel local, un equipo da USC realizou estes días centos de enquisas entre as persoas asistentes ao SonRías Baixas co obxectivo de calcular con precisión o efecto multiplicador que o investimento realizado supón para Bueu e para a súa contorna. Unha vez analizados todos os datos, a organización dará a coñecer os resultados.

CONCERTOS. O pistoletazo de saída ao SonRías 2018 dérono, o xoves, os valencianos Assekes, que foron recibindo coa súa mestura de ska, rumba e rock alternativo as máis de 4.600 persoas que se congregaron no Recinto da Estacada de Bueu para botar co ska-punk dos italianos Talco. Pechou a noite o rap e a electrónica en euskera de Revolta Permanent.

O venres, a organización colgou o cartel de "completo" na zona de acampada, onde se deron cita 3.500 persoas. A principal voz do underground suramericano do momento, Sara Hebe, deixou paso á peculiar fusión de folclore latinoamericano con ritmos xamaicanos e actitude punk dos Che Sudaka. Os valencianos La Raíz protagonizaron un dos momentos máis intensos do festival, facendo vibrar a preto de 7.000 persoas no seu último concerto en Galicia. Desakato e Terbutalina pecharon a noite do venres.

Para despedir o SonRías Baixas, o sábado 7.000 persoas viviron unha enerxética noite de concertos: temas de autor urbanos e mestizos de Muerdo, cancións libertarias dos Gatillazo, entusiasmo e alegría de Muchachito, o potente directo dos rockeiros euskeras Berri Txarrak e o peche cos galegos The Skarnivals.

Gastronomía
Éxito da Casa SonRías

 
O sábado as actividades comezaron ao mediodía cunha nova e exitosa edición da Casa SonRías, un peculiar restaurante musical no que as cociñeiras de El Rincón de Cela ofreceron Fideuá con ameixas e Anguriñas ao allo con gambón ás 3.200 persoas que gozaron cos concertos sorpresa de Voodoo, solo Muchachito e Dakídarría. As tres bandas actuaron en acústico no escenario Fest Galicia ante un público entregado que coreaba "historias dunha terra de cuncas e de mar" baixo un sol abafante. Mentres tanto, nas barras repartíase auga gratis e na zona da carpa instálabanse aspersores para quen se quixese refrescar. Nas pantallas, proxectábanse os finalistas do I Concurso de 

 

Comentarios