lunes. 23.09.2019 |
El tiempo
lunes. 23.09.2019
El tiempo

O FICBueu convida coa súa nova imaxe a descubrir “grandes obras de pequeno tamaño”

Detalle do cartel do FICBueu. DP
Detalle do cartel do FICBueu. DP

A duodécima edición do Festival Internacional de Curtametraxes, que se celebrerá en setembro, ten xa o seu cartel

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que se celebrará entre o 6 e o 14 de setembro, segue cos preparativos e quentando motores, con imaxe renovada. A organización do FICBueu deuna a coñecer este mércores, salientando que convida a “descubrir grandes obras de pequeno tamaño”, como apunta o seu director, Manuel Pena.

Cartel do FICBueu. DPO cartel deste ano, como detallan, amosa un ollo "inocente" que a través dunha lupa espía un grupo de miniaturas que están filmando unha película. "Reflíctese, deste xeito, a metáfora dun certame cuxo obxectivo é poñer o foco sobre esas breves xoias cinematográficas que están ocultas, para que as e os espectadores as coñezan", apuntan.

"Estamos —din— ante unha coidada combinación de fondo e forma, imaxe e mensaxe, que cumpre asemade coa función de resultar chamativa e atraente”. E supón renovación ao tempo que se mantén o amarelo, que xa actuara como "tinta de referencia" na identidade visual do certame o ano pasado.

Queda descubrir agora o photocall do FICBueu 2019, que a organización adianta que irá en sintonía coa escena representada no cartel.

O FICBueu convida coa súa nova imaxe a descubrir “grandes obras de...
Comentarios