martes. 29.09.2020 |
El tiempo
martes. 29.09.2020
El tiempo

O Goberno municipal leva a pleno a adhesión de Marín á Rede de Concellos Ágora

Vista de Marín. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Vista de Marín. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
A Rede promovida pola Deputación de Pontevedra é un proxecto de acción entre os concellos e a institución provincial que procura a valorización do espazo público

O Goberno municipal proporá no pleno a adhesión do Concello de Marín á Rede de Concellos Ágora polo espazo público promovida pola Deputación de Pontevedra.

A iniciativa Ágora, creada en xuño deste ano, é unha rede de acción institucional entre concellos e Deputación na procura de considerar e valorizar o espazo público como un dereito fundamental da cidadanía. Deste xeito, un dos fundamentos do plan é que o espazo público forma parte substancial da vida das persoas e das relacións colectivas.

O obxectivo da Rede Ágora, marcado dende o período actual ata xuño de 2023, é que os concellos que se adquiran a este proxecto incrementen de forma notable o espazo reservado para as persoas dan man de itinerarios peonís e ciclistas.

Ademais, tamén se busca a redución da presenza de vehículos a motor e o fomento da mobilidade activa para "construír unha sociedade máis saudable". Esta potenciación do espazo público de calidade tamén persegue como obxectivo o fomento do comercio local.

O Concello de Marín, declara que xa leva traballando no espazo público coa realización de obras de humanización e peonalización en diferentes lugares do municipio. Ademais, procuran "un modelo de vila saudable e respectuosa co medio ambiente promovendo a redución de emisións contaminantes".

O principio base desta rede de Concellos é o dereito ao espazo público. Así, sinala que é unha obriga das administracións garantir ese dereito aos cidadáns. Outros principios fundamentais desta iniciativa pasan por ofrecer unha mobilidade inclusiva, integrar á infancia, crear espazos seguros ou fomentar unha actividade económica de proximidade, entre outros.

Así, todos os concellos que decidan sumarse terán obrigas como elaborar un Plan de Mobilidade Sustentable. Mentres, a Deputación porá a disposición dos concellos persoal técncico especializado para asesorar no cumprimento dos obxectivos.

Agora, o Concello de Marín procura sumarse para poñer en valor o espazo público para a cidadanía. Recentemente, xa se uniron outros homólogos como o Concello de Tomiño , de Gondomar ou do Rosal.

O Goberno municipal leva a pleno a adhesión de Marín á Rede de...
Comentarios