Un home e a súa filla resultan feridos despois de caer da súa bicicleta en Bueu

Os dous foron trasladados ao Hospital Domínguez

Un home e a súa filla precisaron asistencia médica esta tarde ao caer da bicicleta na que circulaban en Bueu, á altura da parroquia de Beluso. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os dous foron trasladados ao Hospital Domínguez.

Sucedeu preto das 16.10 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente.

Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e aos Bombeiros do Morrazo.