A Illa de Ons rexistra os primeiros cheos consecutivos da tempada

Cerca de 3.900 turistas accederán as illas buenenses en tres días, un dato que indica unha lixeira remontada no turismo dentro do Parque
2020080511313497599
photo_camera Turistas subindo a unha embarcación con rumbo a Ons. CEDIDA

Pouco a o pouco o turismo vai remontando a pesar da situación extraordinaria que se está vivindo por la crise sanitaria do coronavirus. Ese incremento de persoas foráneas notouse tamén nas visitas ao Parque Nacional Illas Atlánticas.

Con todo, onte, o mércores e o xoves conseguíronse os tres primeiros cheos consecutivos da tempada de verán na Illa de Ons nesta nova normalidade. Cabe recordar que as Ons teñen un cupo limitado de visitas ao día de 1.300, polo que 3.900 turista pasearanse en tres días pola illa buenense. Ons continúa sendo a segunda illa máis visitada do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, por detrás das Cíes, que ten un cupo de 1.800 visitas ao día.

Na actualidade pódese chegar as illas de Ons dende os portos de Bueu, Sanxenxo, Portonovo, Vigo e, desde o pasado 25 de xullo, tamén desde Combarro, grazas a oferta de Naviera Mar de Ons. Silvia Torres, responsable comercial da naviera, explica que "queremos ofrecer todas las opciones de ocio que estén a nuestro alcance para que los visitantes puedan disfrutar al máximo de sus vacacións en las Rías Baixas".

SEGURIDADE. Nesta situación, a decisión de viaxar está comezando a quedar nun segundo plano por medo ao contaxio. Por ese motivo, as navieras que se encargan de trasladar aos viaxeiros ata as illas reforzaron o seu control e hixiene, adoptando todas as medidas de seguridade a bordo das embarcacións. Ademáis, incrementouse o traballo de limpeza e desinfección a bordo dos barcos e sempre recordan o uso obligatorio de mascarillas a bordo, para garantir o benestar de todos os pasaxeiros.

Cabe recordar que para poder visitar tanto as Illas Ons como as Cíes é necesario retirar antes na Central de Reservas da Xunta de Galicia a autorización correspondente necesaria tanto para desembarcar como para adquirir o billete de barco. Este paso é previo á compra do billete e, unha vez obtida a autorización, disponse de dúas horas para completar a compra do billete de transporte. As autorizacións pódense tramitar con 45 días de antelación.

A pesar de que o mes de agosto deste ano está sendo extraordinario, xa que en outras ocasións é o mes no que máis turismo reciben as Rías Baixas, estes cheos consecutivos son unha boa sinal para o que resta de agosto, xa que se pode esperar que se repita esta situación. As Cíes xa conseguiron os seus primeros cheos en xullo.

Comentarios