Iniciadas as obras de restauración da Torre do Reloxo do Templo Vello

A seguinte fase da actuación na Torre do Reloxo consistirá na búsqueda de financiación para actuar no parte interior do templo
Os edís Manuel Santos e Marián Sanmartín, no Templo Vello.  DP
photo_camera Os edís Manuel Santos e Marián Sanmartín, no Templo Vello. DP

A Torre do Reloxo é un dos elementos patrimoniais máis definitorios da localidade marinense. É por iso que o seu mantemento e a súa conservación é fundamental para preservar a historia de Marín. Este luns, os edís Marián Sanmartín e Manuel Santos acudiron ata o Templo Vello, onde se iniciaron as obras de restauración da Torre, construida en 1925 e de titularidade municipal e para a que xa se tiña proxecto desde 2022, cando se comezou a búsqueda de financiación.

Unha vez conseguida, que ascende a 39.452 euros, con cargo a unha subvención da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, agora iniciáronse os traballos, que consistirán nas obras de limpeza, restauración e consolidación dos muros e a zona superior da torre; a substitución da carpintería exterior e das ventás e cambio da porta de acceso á torre, así como a eliminación das filtracións de auga e o sellado.

O edil de Urbanismo asegurou que agora "unha vez rematadas estas obras a seguinte fase ten que ser traballar por actuar nas necesidades do interior da torre, como é actuar na estructura metálica do campanario, a mellora da cuberta, a zona da maquinaria do reloxo e a restauración das paredes interiores, ademais de actuar nos desagües, a escaleira e a carpintaría".

Esta obra de restauración da Torre do Reloxo completa así ás realizadas entre finais do 2021 e principios de 2022 na infraestructura do Templo Vello. A igrexa foi obxecto da segunda fase da súa restauración catro anos despois da execución da primeira. Grazas a estas obras, executadas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, resolvéronse os problemas de humidade ao actuar no exterior da basílica.

Filtracións de auga na Torre do Reloxo

Coa actuación elimináronse as filtracións de auga a través da fachada, o que posteriormente permitiu a restauración dos elementos de cantería afectados polo deterioro da pedra. Tamén se actuou sobre a carpintería e outros elementos da fachada.

Paralelamente a este proxecto, eliminouse a simboloxía franquista da fachada ubicada na propia Praza do Reloxo.

Comentarios