A lingua da Illa de Ons ao descuberto

'Até aquí podo falar. A lingua da Illa de Ons' será o primeiro libro que tratará en profundidade a forma de falar de esta illa e verá a luz este domingo ás 11.00 horas no seu Centro de Interpretación 
José Dopazo, autor do libro 'Ate aquí podo falar'. DP
photo_camera José Dopazo, autor do libro 'Ate aquí podo falar'. DP

O centro de Interpretación acollerá este domingo ás 11.00 horas a presentación do libro Até aquí podo falar. A lingua da Illa de Ons do autor José Manuel Dopazo Entenza, nun acto no que tamén estará presente na mesa o académico bueués Francisco Fernández Rei, o concelleiro de Cultura de Bueu, Xosé Leal e o director da editorial encargada de publicar esta obra, Antón Lopo.

Esta obra nace dunha colaboración do autor co primeiro selo editorial nacido na illa, Chan da Pólvora, cando o seu director coñeceu a José Manuel na súa antiga librería en Santiago de Compostela, e coñeceu a labor da súa tese doutoral. O seu traballo de investigación sobre a lingua nesta insua comezou no ano 2010 e nove anos despois xurdiu a idea da publicación deste libro que ademais servirá para continuar co proxecto de acción cultural que desenvolven en Ons nesta editorial, aínda que terminou retrasándose ata este ano debido a pandemia e outros impedimentos ao longo dos últimos tres anos.

Nas páxinas deste libro que conlevará a creación da primeira vertente de estudos desta lingua, segundo as palabras do propio autor, atópanse todos os criterios que definirían "como fala unha persoa da illa". Deste modo o seu estudo está distribuído en catro planos esencias, o fonético galego "porque é o que levamos como bandeira" algo que non podemos alterar e que forma parte da nosa identidade.

O seguinte plano sería o morfolóxico, algo máis característico da insua xa que conta con elementos que a converten nun punto de inflexión de dúas falas, a da comarca do Salnés e a da comarca do Morrazo, pero tamén fala dos seus puntos de separación, Dopazo a define como "un ente propio, pero ao mesmo tempo unha bisagra entre os dous territorios".

Outro dos puntos a tratar nesta obra é o sintáctico, no que propio José Manuel recoñece que descubriu moitas curiosidades, como a colocación dos pronomes, xa que hay determinadas formas que se empregaban de forma moi residual na Idade Media é que encontrou en varios casos na forma de falar da Illa de Ons.

E para rematar está a parte pragmática, que califica como "o máis bonito", porque estuda todos estes elementos que non se perciben porque non temos un elemento concreto pero que si tiene un valor comunicativo, como por exemplo os silencios, aínda que resultan os máis complicados de estudar.

Xa de cara ao final o autor seleccionou unha serie de textos que representan a realidade desta fala. Así "perfílase a lingua, pero tamén a historia, a sociedade e a cultura" nuns textos orais que están transcritos da mesma maneira na que falaron as súas fontes e que están pensados para ser lidos en voz alta para que sexan máis fáciles de comprender.

Todo isto vai acompañado de fotografías que darán un contexto visual a esta viaxe pola lingua da Illa de Ons. Algunhas foron feitas polo propio autor e mostran esa realidade que el viviu, outras cedidas polos seus informantes que o axudaron a realizar este exhaustivo traballo de investigación, e outras son inéditas.Así o domingo verá  por fin a luz un libro que tratará por primeira vez sobre o estudo  da forma de falar galego desta singular illa da ría de Pontevedra.

Comentarios