Luces, cámaras e acción!: Comeza en Seixo o I Festival de Cine do Mar

O cine da parroquia marinense acolleu o martes o acto de inauguración que contou coa presencia da actriz María Vázquez, elexida como a madriña da primera edición do evento

Diferentes momentos da inauguración. DP
photo_camera Diferentes momentos da inauguración. DP

O cine de Seixo é único na comarca. E é que é das poucas salas que aínda sobreviven no rural. Por iso, este martes foi elexido como o escenario do acto de inauguración da primera edición do Festival de Cine do Mar, organizado polo Museo do Mar de Marín con obxectivo de manter viva a tradición mariñeira da vila dende unha visión cinematográfica.

A primera xornada deste evento, que aspira a consolidarse na vila ao ser o único destas características en toda a provincia e o segundo de Galicia, arrancou coa presentación do certame polos organizadores, que quixeron agradecer a todos os veciños e veciñas que o martes se achegaron a Seixo a súa presencia. O acto de inauguración foi doblemente especial, xa que contou coa presencia da actriz viguesa María Vázquez, elexida como a madriña deste primera edición do festival. A protagonista principal da película de Álvaro Gago, Matria, pola que Vázquez recibiu un Mestre Mateo, foi agasallada cun ramo de flores e un recordo de Marín en modo de agradecemento pola súa participación desinteresada.

María Vázquez recibe un agasallo como madriña do festival. DP
María Vázquez recibe un agasallo como madriña do festival. DP

Tras a rolda de intervencións, a actiz mantivo un encontro cos asistentes ao redor da película Matria, sobre a que tiveron ocasión de preguntar antes da súa proxección ás oito. A visualización da película na xornada inaugural do Festival de Cine do Mar foi grazas á Organización de Productores de Pesca Fresca del Puerto y Ría de Marín (Opromar), que a patrocinou.

O evento cinematográfico continuará este mércores nunha nova ubicación, a Biblioteca Pública Vidal Pazos de Marín, onde se desenvolverán o resto de actividades ata a xornada de clausura. Durante a tarde do mércores, ás 19.00 horas, proxectarase de novo un fime, nesta ocasión A última dorna de Ons, de Anxo Cabada e Antón Davila. Os dous autores serán os encargados de presentar a peza ao público, que poderá asistir de balde ata completar o aforo.

Unha hora máis tarde, ás oito, celebrarase a primera táboa redonda do festival, que estará relacionada co 'Patrimonio marítimo'. No encontro participarán diferentes membros de asociacións pesqueiras como Antón Pousada, presidente de Ronsel; Xosé Vilas, vicepresidente de Ronsel; Fernando García, de Os Galos; Xaquín Fabeiro, presidente do Club Mariño A Reiboa, e Ramón Collazo, presidente da Asociación Galega de Carpinteiría de Ribeira (Agalcari).

Comentarios