Cales son as súas expectativas de cara ás eleccións do próximo 28 de maio?
Estamos convencidos de que o BNG vai a medrar considerablemente. Nos imos a por todas, non nos poñemos límites e esperamos poder trasladar á veciñanza o noso programa e as nosas propostas; esa é a nosa finalidade e o noso traballo, ir convencidos de que vamos a medrar exponencialmente e que o Partido Popular vai a perder concelleiros.
Hai algunha porra interna no partido?
Non me atrevo a facela. Nós imos con moitísima ilusión e con forza sen poñernos ningún límite.
Cal diría que é o punto forte do programa electoral que presenta o BNG para estas eleccións?
O primeiro é a veciñanza. Dividimos o programa en seis bloques, que son a calidade de vida para veciñanza de Marín, abrir a vila ao mar, que xa vai sendo hora; a defensa dos servizos públicos; facer unha dinamización de Marín onde se aposte polo comercio local e crear espazos para que se asenten novas empresas, xa que nestes últimos 12 anos Marín perdeu empresas e é unha prioridade crear postos de trabllo para asentar a poboación. Outro dos eixes é apostar firmemente pola mocidade, é un dos pilares fundamentais, xa que é o presente e o futuro. O quinto eixe sería a postas en valor do patrimonio co que contamos na nosa vila e fomentar un turismo sustentable ao longo de todo o ano. O último, que é tremendamente esencial, é a creación de nova vivenda para Marín.
Cal sería a primeira medida que levaría a cabo se chegase a ser alcaldesa?
A posta en marcha do PXOM. É esencial poñer en funcionamento canto antes o Plan de Protección de Cascos Histórico, xa que iso está freando a rehabilitación de boa parte de Marín e a posta en marcha do Catálago de Horreos no rural. Dende hai 12 anos que se aprobou o PXOM., levamos pedindo esa ferramentas para que sexa efectivo e sirva para nova construcción e ata o día de hoxe non hai resultados.
A forza da Lucía Santos de agora é a mesma da Lucía Santos de 2019?
A ilusión é a mesma se non máis. Levamos desenvolvendoun traballo durante catro anos e esa é a marca que considero que define ao BNG, o traballo de rúa e a toma de contacto constante coa veciñanza. Nestes catro anos, pese a estar eu soa no concello, pero cun grande equipo detrás, foi a nosa prioridade.
Dada a circunstancias, valoraría a posibilidade de pactar co PSOE para gobernar?
Agora mesmo non valoramos esa situación porque preferimos agardar ao 29 e ver o resultado. Agora mesmo a nosa prioridade é trasladar a veciñanza as nosas propostas, o noso programa e traballar arreo para facerlo chegar a e convencer aos veciños e veciñas de que somos unha alternativa real e seria.
Precisamente este ano a esquerda volveu a unificarse en tan so dous partidos, BNG e PSOE. Cre que iso vos beneficia para posicionarvos como alternativa?
Evidentemente. Cremos que hai que sacar unha lectura do que pasou no 2019 que era a fracmentación da esquerda e iso ao único que favoreceu foi á dereita. Nestes ano tamén levamos insistindo en que o BNG ten as portas abertas para sumar forzas e facer unha fronte de esquerdas para o Goberno que está desmantelando o presente e o futuro de Marín.