Un maio que afasta o meigallo recupera a tradición en Marín

O Maio Landeiras destacou como o mellor construído e a mellor coroa
20220501_RafaFari_091
photo_camera O Maio da Bruxa, un dos participantes na xornada. RAFA FARIÑA

Cor, arte floral, coordinación e letras orixinais volveron a soar en Marín na celebración dos Maios que significa a saída da pandemia. O evento, organizado polo Ateneo Santa Cecilia destacou pola ampla cantidade de participantes, tanto no concurso de maios como no de embarcacións e tamén pola asistencia de público que seguiu con atención as actuaciós dos nenos e nenas de todas as formacións.

Premios
En canto aos premios, o Maio Landeiras foi o que acadou a mellor nota pola súa construción e mereceu a segunda mención entre as coroas. Nesta categoría foron os de San Xulián co maio promovido por Os da Caña os que quedaron primeiros.

Casualmente, o maio de San Xulián fora a segunda mellor construción, segunda mellor letra e segunda mellor interpretación. A letra máis premiada foi do orixinal Maio da Bruxa, do CPR San Narciso, que levou tamén o premio á mellor interpretación.   
En canto ás embarcación, houbo premio tamén para a de San Narciso por ser a mellor construída, para a letra da Xiana, (CEP Sequelo) e para a interpetación de San Xián dos Ancourados, tamén da Asociación Os da Caña.

Máis participantes

Na cita houbo mencións para case todos os participantes, como o barco de Monte de Mogor, segundo premiado pola súa construción, ou o maio desta mesma barriada, que foi merecedor do terceiro posto en canto á letra do maio principal se refire.

A organización destacou a grande calidade das composicións presentadas e agradeceu o esforzo de cativas e cativos que fixo deste retorno unha gran festa.

20220501_RafaFari_097
R. Fariña
20220501_RafaFari_082
R. Fariña
20220501_RafaFari_090
R. Fariña

Comentarios