lunes. 21.06.2021 |
El tiempo
lunes. 21.06.2021
El tiempo

Os máis fieis terán premio no Morrazo grazas á campaña impulsada por Fecimo

Entrega dunha das Tarxetas de Fidelización postas en circulación por Fecimo en decembro. DP
Entrega dunha das Tarxetas de Fidelización postas en circulación por Fecimo en decembro. DP
Fecimo leva a cabo este mes unha iniciativa na que, para optar aos agasallos, os clientes deberán participar coa súa Tarxeta de Fidelidade

A fidelidade, neste caso aos establecementos de O Morrazo, optará a un bo número de premios na campaña que xa ten en marcha a Federación de Comerciantes e Industriais (Fecimo) para todo este mes dos namorados.

Precisamente, a iniciativa está baseada na promoción da Tarxeta de Fidelización do Comercio do Morrazo, unhas tarxetas que xa saíron ao público no mes de decembro para as localidades de Cangas, Moaña e Bueu e coas que se acumula saldo ou bonificacións nos establecementos adheridos á promoción, que xa está en marcha desde o 1 de decembro e veu para quedarse.

Este ano, debido a actual situación provocada pola pandemia e trala boa acollida por parte dos establecementos e dos clientes da tarxeta, dende Fecimo quíxose aproveitar para desenvolver un sistema de participación que minimizase o contacto e simplificase a participación dos clientes nesta campaña do mes de febreiro.

Desta forma, cando un cliente empregue a súa tarxeta de fidelización, entre o 1 e o 28 deste mes, para obter unha porcentaxe de bonificación nas súas compras ou consumicións en calquera dos comercios ou locais que teñan activo o sistema da tarxeta, entrará no sorteo final da campaña.

Unha vez se remate coa a iniciativa terá lugar o sorteo, no que se repartirán 900 euros en premios, 300 por localidade, entre as compras realizadas nos establecementos rexistrados nas tarxetas de fidelización, e entregaranse aos clientes gañadores en forma de tarxetas regalo para gastar no comercio local adherido a esta proposta promocional.

VANTAXES. Non se debe esquecer que nesta campaña, aqueles clientes que non resulten gañadores, benefícianse igualmente ao poder acumular saldo coas bonificacións que obteñen con cada compra ao empregar a tarxeta.

Actualmente xa son máis de 110 os locais da comarca que participan no sistema das tarxetas. Os clientes que aínda non a posúan, poderán obtela de forma física neses mesmos locais ou ben na oficina de Fecimo, mentres que se a prefiren de forma dixital, poderán facelo a través da web comerciodomorrazo.com ou da app oficial de Comercio do Morrazo.

Para saber cales son os locais de Moaña, Cangas e Bueu que participan na campaña e teñen a tarxeta, poderase visitar a web de Comercio do Morrazo e filtrar na sección Comercios o apartado tarxeta de fidelización.

Aínda que a iniciativa estea vixente ata o 28 de febreiro, o sistema das tarxetas non ten data de caducidade, polo que poderanse seguir empregando para acumular e descontar saldo nos comercios que sigan activos no programa.

Os máis fieis terán premio no Morrazo grazas á campaña impulsada...
Comentarios
ç