Máis de medio millón de euros para reformar A Cañota

A actuación realizarase ao abeiro dun convenio entre o Concello de Marín e a Deputación de Pontevedra
Público no pavillón da Cañota durante unha competición deportiva celebrada este verán. DAVID FREIRE
photo_camera Público no pavillón da Cañota durante unha competición deportiva celebrada este verán. DAVID FREIRE

A Xunta de Goberno Local deu luz verde recentemente á firma dun convenio entre o Concello e a Deputación de Pontevedra para poder executar unha obra de mellora no Pavillón da Cañota, actuando en materia de eficiencia enerxética, habitabilidade e accesibilidade. A actuación realizarase ao abeiro desde convenio coa institución provincial por un importe total de 662.811 euros, aportando o ente provincial o 70% (463.968 euros) e o restante, o 30%, financiarase con fondos municipais (198.843 euros).

Segundo apuntan dende o Goberno local, trátase dunha obra esencial para esta infraestrutura deportiva, dado que polo paso do tempo e o tipo de materiais que se foron usando na súa construción, que se remonta a finais dos anos oitenta, non consegue o illamento e o aforro enerxético requerido para unha instalación municipal actual.

Tal e como se pode ler no proxecto, levarase a cabo un cambio de cuberta para poñela de acero galvanizado e actuarase na fachada utilizando paneis sandwichs e SATE, para mellorar a eficiencia enerxética. Tamén se renovarán todas as baixantes e sustituiranse as actuais farolas. As ventás tamén se colocarán novas, para que conten co dobre acristalamento. Ao mesmo tempo, instalaranse cinco bombas de calor de producción de ACS para os vestiarios. No que respecta á accesibilidade, crearasen rampas de acceso en todas as portas, así como nas gradas e pintarase por completo o interior.

Esta reforma xa fora anunciada o pasado ano polo Goberno local, para a que se abriu un proceso de participación cidadá a través do portal de Transparencia habilitada na páxina web do Concello de Marín. Ademáis do pavillón da Cañota, tamén se plantexou unha mellora para o Sequelo, así como para a Casa Consitorial.

Nas instalacións deportivas, o obxectivo é aumentar a eficiencia enerxética de ditos espazos deportivos, buscando pasar do 30% actual a un aforro do 70%, mentres que no consistorio, ademais da eficencia enerxética, tamén se buscará mellorar a accesibilidade ao edificio e renovar as instalacións eléctricas e de dixitalizaicón. Con respecto a isto último, A Cañota o Sequelo contan con rede wifi dende o pasado ano.

Comentarios