Mari Rodríguez, unha bueuesa senlleira vinculada ao mar

A Asociación Club Golfiños homenaxea a esta veciña da vila na sétima edición deste recoñecemento
Homenaxe a Mari Rodríguez, bueuesa senlleira. DP
photo_camera Homenaxe a Mari Rodríguez, bueuesa senlleira. DP

A vila de Bueu ten unha nova bueuesa senlleira. A Asociación Club Golfiños homenaxeou este mércores na sétima edición deste recoñecemento, organizado con motivo do Día Internacional das Mulleres, a Mari Rodríguez, unha veciña moi apreciada na localidade e que estivo vinculada toda a súa vida ao mar ata que se xubilou. Agora, é unha alfombrista entusiasta que participa constantemente nas actividades desenvoltas na vila ao redor deste arte efémero.

 

No acto, que se celebrou no Centro Social do Mar, a propia Mari relatou a súa traxectoria profesional, que comezou lonxe do mundo do mar, que este mércores gañou especial protagonismo. E é que esta xa bueuesa senlleira exerceu de auxiliar de farmacia, de onde pasou a traballar nunha fábrica. O traballo no mar, según relatou, surxiu da necesidade de mans do seu marido e do seu sogro para sair a traballar. A homenaxeada foi unha desas mulleres pioneiras no sector e acabou formándose na Náutica de Bueu.

Mari Rodríguez, arroupada polos seus amigos e veciños, recibiu un ramo de flores de toxo e un libro, que en anteriores edicións xa recibiran figuras como as de Míriam Ferradáns, Susi Ons, Consuelo Davila, Aurita Reiriz, Carmen Outeda e As Xulianas, subastadoras de peixe. Cada ano, O Club Golfiños adica esta homenaxe a un sector diferente.

Comentarios