Marín acolle a presentación da Festa Corsaria desta fin de semana

Recreouse unha loita entre un inglés e Juan Antonio Gago de Mendoza, mariñeiro e militar marinense

Marín acolleu este xoves a presentación da Festa Corsaria deste ano. Durante o evento, recreouse a batalla entre un inglés e o mariñeiro e militar marinense Juan Antonio Gago de Mendoza.

A escea foi similar á que se representará o próximo sábado, día no que os corsarios conquistarán a vila.

HISTORIA. Esta festa de Marín recrea o ocorrido na vila o 22 de agosto do ano 1800. A fragata Alcudia, pertencente a España e que portaba prata, sufriu un intento de asalto por parte dos ingleses.

Gago de Mendoza converteuse no heroe local que liberou a zona da presión dos barcos estranxeiros. Esta fin de semana recordarase de novo a fazaña na Festa Corsaria da vila.

Comentarios