Marín dá a coñecer a faceta escultórica de Manuel Torres nun vídeo

O Concello avanza no Ano Torres con motivo do 25 aniversario do seu falecemento

A Concellería de Cultura de Marín avanza no Ano Torres, unha iniciativa chamada a poñer en valor a obra e figura do pintor marinense cando se cumpren 25 anos do seu falecemento.

Nun tempo marcado polo confinamento ao que levou a pandemia do coronavirus, o Concello ideou unha nova maneira de achegar o autor ás casas de toda a veciñanza: con vídeos. E hai nova entrega, seguiendo co lema En Marín, #ACulturaSegue. A peza que xa se pode ver nas redes do Concello pon o foco na faceta escultórica de Manuel Torres

Comentarios