Marín lembra a 'A Capirota'

O xardín e praza que levan o seu nome, na rúa da Roda, foron os escenarios escollidos para celebrar este venres a súa homenaxe anual
Marín lembra a 'A Capirota'. ANXO LORENZO
photo_camera Marín lembra a 'A Capirota'. ANXO LORENZO

Carmen Pesqueira Domínguez, muller valente e loitadora polos dereitos das traballadoras e traballadores, foi asasinada no Pozo de Revolta, no lugar de Bagüín, o 18 de agosto de 1936. Case 90 anos despois da morte de Carmen, coñecida en Marín como A Capirota, a localidade marinense continúa lembrando a súa voz reivindicativa ante opresión e os seus berros polas inxustizas. 

O xardín e a praza que levan o seu nome, na rúa da Roda, acolleron este venres pola mañá a homenaxe anual que organiza a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín (ARMH) e que nesta ocasión contou coa participación da xornalista, escritora e investigadora Montse Fajardo, que ata o pasado mes era responsable técnica do Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. Ademáis de varios membros da Corporación municipal marinense, tamén estivo presente no acto o deputado galego do BNG Luis Bará e o nacionalista e exalcalde de Poio, Luciano Sobral.

Marín lembra a 'A Capirota'. A. LORENZO
Marín lembra a 'A Capirota'. A. LORENZO

Como xa é tradición, a neta e bisneta da Capirota foron as principais protagonistas da ofrenda floral. Ambas colocaron un ramo de flores cos cores da bandeira da Segunda República española (amarelo, vermello e morado) baixo a placa conmemorativa que está instalada na praza dende o 2018 e que lembra a memoria da súa antepasada, "un símbolo de memoria resistente", tal e como expresou Montse Fajardo durante a súa intervención.

O fin de acto correu a cargo do grupo de folk combativo A Revolta, que interpretou Agardarei de Luis Emilio Batallán. Ao finalizar a actuación, os asistentes entonaron o Himno Galego antes de realizar a tradicional foto de familia.

Homenaxe 'A Capirota'. ANXO LORENZO

Comentarios