Marín viste de violeta na honra das vítimas da violencia machista

Haberá unha concentración contra a violencia machista este venres ás 21.00 horas

O colectivo feminista Zeivas e a asociación Espazo Feminista Marín organizan na noite deste venres, a partir das 21.00 horas, unha concentración contra a violencia machista. O evento, que terá lugar diante do Concello de Marín, ten por obxectivo facer un chamamento a toda a cidadanía para protestar contra o machismo que causou dende xullo a morte de 13 mulleres e un menor.

Baixo o lema '20-S: Estado de Emerxencia Feminista', ambos colectivos animan a todos os asistentes a acudir con roupa escura e portar luces de cor violeta que tiñan a vila na honra das vítimas. "Tras un verán 'negro'", como indicaron as organizadoras, no que os casos de violencia machista pasaron desapercibidos, os colectivos feministas queren "rexeitar con rotundidade que a violencia machista se normalice ata o extremo de insensibilizar a opinión pública".

Animan tamén a todas as mulleres que queiran asistir pero non desexen ir soas que contacten con a través das redes sociais de ambos colectivos ou mandando un email a [email protected] ou [email protected].

Comentarios