Os marinenses choran por Dona Sardiña

Un ano máis, milleiros de fieis acompañaron ao peixe no seu Enterro polas diferentes rúas da Marín ? Como xa e tradición, a Praza do Reloxo acolleu o pregón que satirizou temas actuais
O Enterro da Sardiña en Marín. DAVID FREIRE
photo_camera O Enterro da Sardiña en Marín. DAVID FREIRE

Tentou a choiva, pero ao final a metereoloxía quixo respetar a unha das tradicións máis antigas do Entroido de Marín: o Enterro da Sardiña. Milleiros de marinenses acompañarona no seu féretro polas diferentes rúas da localidade, para así poder despedila finalmente no seu regreso ao mar, acción que, de toda Galicia, so se fai en Marín. O Ateneo Santa Cecilia continúa organizando este evento de Entroido, que se leva facendo desde 1976 de forma ininterrumpida.

Con saída da Alameda, onde durante toda a tarde os máis fieis asistiron a campela ardente da sardiña instalada no Palco da Música, os veciños e a comitiva do enterro recorreron as rúas Jaime Janer, Busto, Doctor Toruiño e Rúa do Sol, ata chegar á Praza do Reloxo onde tivo lugar o pregón.

DAVID MARÍN. ENTROIDO. ENTERRO DA SARDIÑA. SAÍDA DA RÚA JAIME JANER. Pregón na Praza do Reloxo. Ao rematar despedida ao mar desde Praza de España, miércoles, 26 feb · 20:00–20:00

Como xa é tradición, a despedida da falecida contou diferentes anécdotas de Dona Sardiña antes de morrer. Si xa o pasado ano, o futuro centro cultural marinense xa tivo cabida no pregón, este ano o tivo aínda máis por xa se coñecer o proxecto: "Cando a sardiña chegou a Marín viu un gran cartel que puña Novo Auditorio. ¡Por fin!". O narcosubmarino de Cangas tamén foi un tema con especial mención no pregón xa que "seguro que actuará no Auditorio como artista especial".

O discurso fixo tamén especial mención ao que está sendo (e foi) o regalo estrela: o Satisfyer. Durante a despedida comentouse que "a sardiña pediulle aos Reis Magos un Satisfyer e que gracias a Correos, e non a Amazon, lle chegou en dous días". A falta de experiencia de Dona Sardiña levoulle a preguntar ao resto seres mariñeiros que viven na zona das Ons, os cales xa eran coñecedores desta ferramenta.

xDAVID MARÍN. ENTROIDO. ENTERRO DA SARDIÑA. SAÍDA DA RÚA JAIME JANER. Pregón na Praza do Reloxo. Ao rematar despedida ao mar desde Praza de España, miércoles, 26 feb · 20:00–20:00

O tema que non puido faltar durante o pregón de despedida do peixe foi o do coronavirus. Antes de morrer, a sardiña, que veu Sudáfrica polos efectos do cambio climático, enterouse da triste noticia de que "unha sardiña china que era a súa amiga e viña a visitala quedou en cuarentena en Sicilia ao chegar ao Mediterraneo na fronteira con Italia".

Outros temas como as eleccións autonómicas de abril, Elnosa, Audasa ou a eutanasia tamén foron satirizados durante o pregón, que rematou coa tradicional Ladaiña da Sardiña. Posteriormente, a comitiva do enterro puxose de novo no camiño pola Rúa Real, Almuiña e a Praza de España para chegar así ao Paseo Alcalde Blanco. Alí, Dona Sardiña foi devolta ao mar entre llantos e lágrimas dos centos de marinenses, que cada ano se implican con esta tradición tan antiga na localidade.

xDAVID MARÍN. ENTROIDO. ENTERRO DA SARDIÑA. SAÍDA DA RÚA JAIME JANER. Pregón na Praza do Reloxo. Ao rematar despedida ao mar desde Praza de España, miércoles, 26 feb · 20:00–20:00

Comentarios