A mazá e a sidra triunfan en Santomé

A parroquia marinense retomou dous anos despois a súa cita gastronómica de referencia, que este domingo celebra o pregón
Varios grupos de persoas degustando sidra e outros aperitivos na primeira xornada da festa de Santomé de Piñeiro. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Varios grupos de persoas degustando sidra e outros aperitivos na primeira xornada da festa de Santomé de Piñeiro. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Polbo, empanada, churrasco, viño e, sobre todo, mazá e sidra foron algúns dos manxares que este sábado os veciños de Santomé de Piñeiro e tamén de Marín puideron degustar durante a celebración da primera xornada da XXII Festa da mazá e da sidra. Esta edición, ademais de ser a do regreso tras a pandemia, estará marcada pola pouca cantidade de mazás e o seu tamaño por culpa da sequía. Fronte aos 5.000 quilos do ano 2019, para esta fin de semana contouse con 3.000 quilos de mazá, que darán lugar a aproximadamente mil litros de sidra.

A pesar diso, a organización implicouse ao 100% para facer desta edición unha das máis especiais, xa que toda a veciñanza estaba desexando que esta gran festa regresase. E iso notouse durante a primeira xornada da calebración. Ao longo de todo o día, centos de persoas pasaron pola carpa instalada no campo de fútbol para gozar dunha cita gastronómica de referencia, que organizan Os Amigos da Mazá e da Sidra San Tomé de Piñeiro, coa axuda este ano de Botón de Ancla.

undefined
Asistentes á Festa da mazá e a sidra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Xa a primera hora da mañá, ás 10.00 horas, deuse por inaugurada a festa coa apertura dos postos de venda de comida e bebida e tamén de artesanía. O prato forte do día foi a Ruta Cabalar que xuntou a un bo grupo de persoas que cos seus cabalos percorreron algúns dos paraxes da zona.

Paralelamente, na carpa, a charanga Os de Carballido foi a encargada de amenizar a sesión vermut e a comida. A primeira xornada da festa clausurouse cunha gran verbena amenizada pola Orquetra Magoes e Marietta. Tamén nesta edición se retomou a coñecida Carreira Popular Pinga Pinga, na que participaron preto de 1.000 atletas.

O día forte da Festa da mazá e da sidra, que se celebrou por primera vez en 1998, é este domingo coa celebración do pregón. Este ano correrá a cargo da coñecida marinense Mar García Cari Cari, tras a concentración cabalar do país. Pola tarde terá lugar o espectáculo La magia del caballo e celebrase o concurso de empanada de mazá.

Comentarios