Un milleiro de alumnos participou no proxecto 'Remuda xeracional' do Galp

A entidade pesqueira realizou 24 obradoiros informativos en doce centros da zona e organizaron oito saídas a empresas do sector
Unha das visitas realizadas durante o proxecto. DP
photo_camera Unha das visitas realizadas durante o proxecto.

Cerca dun milleiro de alumnos de distintos centros públicos e concertados participaron nos 24 obradoiros que organizou o GALP Ría de Pontevedra sobre as distintas titulacións e saídas profesionais que ofrece o mundo do mar, enmarcados no proxecto da entidade denominado Remuda xeracional. Cal é o teu oficio. Estas actividades comezaron o 11 de outubro e remataron este xoves.

Cabe recordar que esta iniciativa realizouse en días fases. A primeira, que foi a que acaba de rematar, consistiu en obradoiros no centro de ensino a través do cal mostrarónse aos participantes os diferentes oficios vinculados co sector e as titulacións académicas necesarias para realizar ditas profesións.

A segunda consistiu nunha excursión na cal se visitaron diferentes entidades do sector, en función do interese demostrado no obradoiro e no sector do mar como saída profesional. Así permitiu que os alumnos captasen a realidade do sector marítimo-pesqueiro e vivir de primeira man os oficios e experiencias dos traballadores do sector.

Esta segunda fase, que comezou no mes de novembro, rematou tamén este xoves, ao igual que a primera. Esta última fase do proxecto do GALP Ría de Pontevedra ensinou aos alumnos de 4º ESO e 1º Bacharelato como é o traballo nas distintitas empresas do sector marítimo-pesqueiro. As entidades participantes co GALP foron Amegrove, Estaleiro Polymadre, Mariscos Malliño, lonxa de Portonovo, Asmecruz, lonxa de Bueu, Escola de FP Náutico-Pesqueira de Bueu, O Percebeiro, Punto de control das mariscadoras de Lourizán, Intecmar, Rodman Polyships e Rosa de los Vientos.

Desde a entidade pesqueira, con este proxecto quere dar coñecer os traballos e as distintas saídas académicas vinculadas ao mar, o que se converte nunha boa maneira de que os mozos valoren e teñan en consideración o sector marítimo-pesqueiro. Ademáis visibilizar o emprendemento a través das axudas do GALP Ría de Pontevedra coma unha opción de futuro e conseguir así a remuda xeracional tan necesaria neste sector.

Comentarios