O millo corvo regresa a Meiro

O recinto de A Morada acolle o Encontro-Degustación deste produto típico de Bueu nun evento declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, paralizado desde 2020
Os veciños gozaron de produtos e charlas sobre o millo corvo. DAVID FREIRE
photo_camera Os veciños gozaron de produtos e charlas sobre o millo corvo. DAVID FREIRE

A expectación foi este sábado máxima no lugar buenense de Meiro onde, despois de dous anos paralizado por mor da pandemia, o Encontro-Degustación do Millo Corvo volveu encher o recinto de A Morada do seu fiel público. Tras a tradicional muiñada o venres, este sábado tivo lugar o primeiro dos días grandes coa apertura da ecotaberna e a degustación da nova cervexa de millo corvo.

Elaborada por primeira vez en 2019 a partir dunha colaboración entre a Asociación Cultural de Meiro e a empresa Alealé, nunca tivo a oportunidade de ver a luz tras a chegada da pandemia. Ata este ano. Cun periodo de marxe para elabolala moi pequeno e pensando no propio millo, "quixemos inspirarnos nunha tipo ‘Kölsch’, xurdidas a finais de 1800 en Alemania para facer fronte ás cervexas comerciais", explica a fundadora de Alealé, Marta Galán. "Sendo unha igualmente lixeira, queríamos romper os mitos de que a cervexa artesanal tiña que ter unhas características concretas e aproveitar ese factor das cervexas ‘Kölsch’, que se ten que servir moi frescas, porque a embotellamos onte, perfecta para degustarse".

Os veciños gozaron de produtos e charlas sobre o millo corvo. DAVID FREIRE
Os veciños gozaron de produtos e charlas sobre o millo corvo. DAVID FREIRE

A cervexa e só un dos produtos que se poden fabricar a partir deste millo tan particular, propio da zona de Meiro, e colleitado especialmente pola asociación para elaborar os produtos desta edición nas fincas coñecidas como Chans e Agrosouto. "É unha variedade autóctona que ten moi boas propiedades, tando de saúde como alimenticias, pero menos produtivo ", explica Galán, un motivo que promoveu o seu esquecemento ó longo do tempo.

Recuperalo e poñelo en valor é o principal obxectivo desta Festa de Interese Turístico de Galicia, que continuará este domingo cunha ampla programación.

Os veciños gozaron de produtos e charlas sobre o millo corvo. DAVID FREIRE
Os veciños gozaron de produtos e charlas sobre o millo corvo. DAVID FREIRE

DOMINGO. Na xornada de hoxe a ecotaberna abrirá as súas portas ás 11.30 horas, antes de dar comezo á charla O millo corvo entre gastronomía. Historia e Ciencia, da man de Paolo Benincasa, investigador no Instituto Planck de Física en Múnich. A mañá a rematará a actuación musical da agrupación Trompos os pés, para dar paso pola tarde, ás 17.00 horas, a unha mesa coloquio na que representantes das comunidades de montes veciñais conversarán sobre a multifuncionalidade do monte. Outra alternativa é o obradoiro que impartirá Fina Carrillo sobre Encaixe de Horquilla, para dar paso ás 19.00 horas a Enrique Banet, quen falará sobre o proxecto ‘Corredores Verdes e agricultura ecosocial’ para dar fin á edición.