Martes. 13.11.2018 |
El tiempo
Martes. 13.11.2018
El tiempo

O Morrazo énchese de tradición coas Xornadas Etnográficas

Organización e representantes municipais, o mércores en Cangas. ALBA SOTELO
Organización e representantes municipais, o mércores en Cangas. ALBA SOTELO

As funcións comezarán o vindeiro martes, 28 de agosto, cunha exposición sobre o traxe tradicinal de Lugo na Sala Amalia Domínguez de Bueu

As Xornadas Etnográficas do Morrazo encherán os concellos de Bueu, Cangas e Moaña de tradición galega a través da música, o baile, o traxe e a concienciación medioambiental. A asociación cultural Peis d'hos, organizadora do evento, presentou o mércores o programa de actividades na compaña dos alcaldes dos tres municipios.

As actividades comezarán o vindeiro martes, 28 de agosto, cunha exposición sobre o traxe tradicinal de Lugo na Sala Amalia Domínguez de Bueu. O acto de inauguración terá lugar ás 20.30 horas e a mostra estará aberta ata o domingo 2 de setembro. O mércores 29, ás 20.30 horas, a Casa da Mocidade de Moaña acollerá un obradoiro de cestería ecolóxica impartido por María Xosé Martínez, no que poderán participar nenos e adultos.

O xoves 30 terá lugar a presentación da páxina web da APOI (Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego) no Centro Social do Mar de Bueu ás 20.30 horas. O venres 31 de agosto, a Praza de Abastos de Moaña acollerá, ás 20.30 horas, un obradoiro de gaita impartido por Bruno Villamor, director de Cántigas e Frores.

OBRADOIROS. O sábado 1 de setembro contará con tres actividades: un obradoiro de teciduría en tear para nenos e maiores, impartido por María Xosé Martínez, que se desenvolverá de 11.00 a 14.00 horas no Concello de Moaña; unha charla sobre tecidos e o seu uso na vestimenta, a cargo de Panos d'aquí, que terá lugar ás 12.00 horas no salón de plenos do Concello de Moaña, e un obradoiro de canto e pandeireta, dirixido por Xurxo Fernandes, que se celebrará ás 18.00 horas no Centro Social do Mar de Bueu.

O domingo 2 de setembro a Avenida de Castelao de Cangas acollerá, ás 20.30 horas, o desfile do traxe tradicional galego, a cargo da Asociación Etnográfica Sete Espadelas. A continuación terán lugar as actuacións das agrupacións Cántigas e Frores, Trébede e Xacarandaina.

O Morrazo énchese de tradición coas Xornadas Etnográficas
Comentarios