O Morrazo contra a velutina

A delegación da Asociación Galega de Apicultura no Morrazo comezou recentemente coa campaña comarcal 
Exemplares de raíñas eliminadas grazas ao trampeo. DP
photo_camera Exemplares de raíñas eliminadas grazas ao trampeo. DP

A chegada da primavera e o bo tempo marcan o comezo do ciclo biolóxico anual das avespas asiáticas ou velutinas. A subida das temperaturas provocan que as raíñas saian da súa hibernación e comecen a constuír os niños primarios, que normalmente se refuxian das choivas. Por iso é fundamental empezar canto antes co coñecido trampeo, aproveitando as saídas das raíñas en busca de alimento para eliminalas e así evitar a proliferación dos niños.

A delegación da Asociación Galega de Apicultura do Morrazo (DAGA) comezou recentemente a campaña comarcal do trampeo da velutina deste ano coa difusión dun vídeo nas redes sociais e contando coa colaboración dos concellos de Bueu, Moaña, Cangas e Vilaboa. Na peza audiovisual, a DAGA explica as nocións básicas dos trampeos, así como a forma na que actúan as raíñas das velutinas e como combatela.

Estas campañas comenzáronse a realizar no ano 2018 nos concellos de Bueu, Moaña e Cangas, onde ademais de difundir vídeos, tamén trataban de dar charlas entre os veciños do municipio. "No teníamos pensando hacer ninguna este año, porque no están las cosas para juntarse, pero finalmente decidimos hacer algo similar, pero constará de una única convocatoria con previa inscripción para entregar el material para las trampas o explicar cómo funciona el trampeo si hay algún vecino nuevo que se quiera unir y ponerlo al tanto", explica José María Bello, responsable da DAGA do Morrazo, que pronto anunciará as datas nas que se celebrará a convocatoria.

A colaboración dos veciños é fundamental na loita contra a avespa velutina. "Colocar trampas en los entornos de las viviendas, y están los datos para contrastarlo, es tan importante o más como eliminar los nidos que aparecen", indica.

A día de hoxe, en toda a comarca do Morrazo hai cerca de 700 veciños colaboradores. Na propia DAGA teñen personas de referencia que son os primeiros en colocar as trampas e son usados como unha rede de alerta: "Cuando estas personas ya empiezan a coger las primera reinas, avisamos al resto de vecinos de que ya es el momento de comenzar a colocar las trampas". 

Segundo a delegación morracense, o trampeo é "tremendamente efectivo", xa que dende o 2014 e ata o 2020, nos concellos nos que se levan a cabo os trampeos, os datos indican que a aparición de niños "quedó estancada". Con todo, Bello sinala que o trampeo é eficaz "siempre y cuando la persona que participa está asesorada y sigue unas pautas". 

"Las trampas no se colocan en cualquier sitio. Hay que colocarlas en unas fechas y en unos lugares determinados y con un atrayente en concreto. No vale cualquier cosa", critica o responsable morracense. As trampas, normalmente, comezan a colocarse na primeira semana do mes de marzo e non poden estar permanentemente colocadas, nin telas durante os meses do verán: "Cuando se coloca una en verano estás cazando obreras u otros insectos". As trampas é necesario retiralas a mediados ou a finais do mes de maio.

"Las sensaciones que está habiendo es que las velutinas este año vienen un poco más pronto y en más cantidad", explica o de DAGA, que a primeiros de marzo rexistraron o primeiro niño de velutina do 2021 en Prado das Barxas, en Moaña. Por ese motivo, para a Asociación Galega de Apicultura é fundamental fomentar o trampeo entre os veciños.

Cerca dun millar de niños no 2020
Durante o 2020, retirándose na comarca de O Morrazo preto de 970 niños de velutina, un traballo que nos últimos anos está a realizar Seaga. En concreto, no concello de Marín foi onde máis niños se rexistraron, con 415; seguido de Vilaboa con 225; Moaña, 208, e Bueu, 122, concello no que menos se eliminaron.

Comentarios