Multitudinario adeus ao Paxaro de Mal Agoiro en Bueu

Bágoas, saloucos e moita diversión no percorrido final dun paxaro que este ano foi realizado polos nenos e nenas da vila que participaron nos obradoiros de Entroido
Varias viúvas que percorreron a Banda do Río acompañando ao animal protagonista da festa. R. FARIÑA
photo_camera Varias viúvas que percorreron a Banda do Río acompañando ao animal protagonista da festa. R. FARIÑA

Os veciños e veciñas de Bueu non escatimaron esforzos á hora de despedir o Entroido coa celebración do enterro do Paxaro de Mal Agoiro. A cita non foi a única da xornada, posto que o concello contou coas actuacións das comparsas na carpa da Praza Massó pola mañá, así como coa festa infantil e concurso de disfraces no mesmo punto desde as 17.30 horas.

O ambiente de Entroido estivo presente toda a xornada coa música das comparsas, pasarrúas e a festa infantil

Para esta convocatoria o Concello contou con persoal especializado en cativada con necesidades especiais e impuxo aforo limitado e inscripcións para garantir as condicións sanitarias da festa. Repartíronse premios nas categorías de bebés, infantil, xuvenil e familias.

Por último, todos os que quixeron acudir ao broche final das celebracións do entroido déronse cita sobre as 18.00 horas para as actuación das comparsas no Parque Joe Novas de Beluso e na zona de pasarrúas camiño da Banda do Río.

Este ano, o Concello quixo que o malfadado paxaro fose especial para todos, motivo polo que fora elaborado polos nenos e nenas participantes nos obradoiros de Entroido impartidos polo artista local Tino Resille. Á súa despedida non faltaron moitos destes nenos e nenas, así como ducias de veciños e agrupacións que esgotaron ata o último momento da festa.

Loito na Banda do Río para superar o primero Entroido postpandemia
Os asistentes á despedida do Paxaro de Mal Agoiro contábanse por ducias en Bueu, onde o ambiente destacou pola alta participación e polas ganas de disfrazarse de viúvos e viúvas tanto dos cativos como dos adultos. Aínda que a convocatoria non contou co formato do desfile como nos anos anteriores á pandemia, a cita acabou tendo un nutrido cortexo fúnebre no tramo máis próximo á praia na que se deu a despedida final ao boneco.
Bueu Queima do Paxaro do Mal Agoiro Praia da Banda do Rio

 

AGOIRO BUEU

 

AGOIRO BUEU 2
AGOIRO BUEU 7
Fotos: RAFA FARIÑA

 

Comentarios