Sábado. 22.09.2018 |
El tiempo
Sábado. 22.09.2018
El tiempo

Musas do cotián que xa teñen quen as retrate

Tres mulleres que traballan na conserva, retratadas simulando unhas obras de Maruja Mallo. MAR CALDAS
Tres mulleres que traballan na conserva, retratadas simulando unhas obras de Maruja Mallo. MAR CALDAS

O Museo Massó expón as fotografías que resultaron do proxecto de Mar Caldas, unha artista viguesa que decidiu utilizar o poder da imaxe para visibilizar o traballo que fan día a día as mulleres da vila

Cando o Museo Massó contactou con Mar Caldas, a idea que estaba sobre a mesa era a de levar a cabo un proxecto fotográfico que plasmase en imaxes a evolución que leva experimentado o espazo urbano de Bueu nos últimos tempos. A artista, oriunda de Vigo pero cun vínculo emocional moi forte ca vila por ser a súa avoa natural da mesma, emprendeu camiño polo rueiro buenense na procura dos símbolos que lle axudarían a levar a bo porto a iniciativa que lle propuxera o museo. 


Foi aí cando a súa cabeza deu un xiro de 90 graos á idea. "Cuando me puse a recorrer el pueblo, vi que prácticamente no había calles ni monumentos dedicados a las mujeres", explica, polo que decidiu orientar o seu traballo a visibilizar o labor, moitas veces pouco recoñecido, que o xénero feminino realiza no día a día da localidade.


Atadeiras, autónomas, cociñeiras, regateiras, coidadoras, conserveiras, costureiras, limpadoras, ‘neolabregas’ e profesoras. Case non hai un perfil de muller que non tivera cabida no proxecto fotográfico, cuxo resultado pode contemplarse estes días no Museo Massó. En total foron preto de 57 as traballadoras que participaron. "Quise darles el lugar que no tienen en el espacio público, fotografiándolas casi siempre con una perspectiva desde abajo, que las engrandece y las dignifica, y siempre buscando objetos que definan la profesión a la que se dedican", apunta a artista.

As mulleres de Maruja. Nada das estampas está feito ao azar. Todas elas están baseadas en cadros artísticos nos que Caldas se inspirou para crear as súas composicións. "Me interesaba que las fotos no fueran de estilo documental, sino que se pareciesen a cuadros o esculturas. No quería hacer un reportaje de mujeres trabajadoras, quería crear imágenes", relata a artista. O coidado da perspectiva é evidente en moitas das estampas, sobre todo naquelas nas que utiliza a técnica do contrapicado ou nas que coloca ás protagonistas formando un triángulo.


Aínda que hai multitude de referencias artísticas diversas, a obra de Maruja Mallo está omnipresente en todo o proxecto. A célebre pintora deixou unha importante pegada neste recuncho da comarca morracense, no que creou o seu ‘Caderno de Bueu’. Caldas, como unha discípula audiovisual de Mallo, escolleu unha serie de cadros que aparecen nese caderno para homenaxear a forma na que a artista plasmaba ás mulleres na súa pintura. "Me interesa mucho cómo ella las presenta, muy poderosas y modernas. Ese era el tipo de retrato que yo buscaba".


Unha das fotografías que máis semellanza ten co cadro no que se inspirou é a do gremio das atadeiras. Aparece unha delas cuberta das redes nas que traballan día tras día, subida sobre unha montaña delas, imitando a Maruja Mallo cando se fotografou en Chile cun vestido de algas. Tamén as regaterias da Praza de Abastos de Bueu aparecen nunha posición semellante ás mulleres do cadro ‘Figuras’. Mais, neste caso, prodúcese unha curiosa variación. "En el cuadro aparece una estrella de mar y un pescado. Fueron ellas las que me dijeron que lo típico de Bueu es el pulpo y los mejillones, y al final acabaron ‘tuneándome’ así la foto", cuenta Caldas.


Conseguir esta participación activa por parte das modelos foi posible grazas ao intenso traballo previo que Caldas fixo con elas. "No fui a hacerles la foto así de golpe. Antes quedé con ellas para explicarles el proyecto, les enseñé fotos para que viesen más o menos qué quería hacer... La experiencia fue muy buena porque se prestaron de manera increíble y se lo pasaron genial", celebra. Ademais da inspiración pictórica, Caldas reconoce que houbo un traballo previo realizado polo CIM de Bueu que lle axudou moito a enfocar a súa idea. "Cada 8 de marzo publican entrevistas a mujeres de diferentes sectores. Cuando vi esas entrevistas pensé que lo que yo quería hacer era lo mismo que se estaba haciendo en esas entrevistas pero utilizando la imagen". O resultado non puido ser mellor.

Musas do cotián que xa teñen quen as retrate
Comentarios