O Museo Manuel Torres recibe a doazón duns documentos da época dos 50 e dos 60

Trátase duns libros de contas do antigo Liceo Casino, un cancioneiro e unha copla dos Maios 

Pazos e a edil Itziar Alvarez. DP
photo_camera José Antonio Pazos e a edil Itziar Alvarez. DP

O Museo Manuel Torres continúa ampliando os seus fondos grazas ás doazóns desinteresadas que realizan os veciños e veciñas da localidade. Esta semana, o profesor do colexio O Sequelo, José Antonio Pazos Pazos, fíxolle entrega ao Museo Manuel Torres duns documentos que lle fixeron chegar os veciños de Marín e que decidiu que pasasen a formar parte do patrimonio da localidade.

Documentos doados ao Museo
Documentos doados ao Museo

Os documentos doados por Pazos son uns libros de contas do antigo Liceo Casino, que datan de 1947 e 1951. Tamén entregou un Cancioneiro do Homenaxe ao músico marinense Francisco Landín Pazos en 1968, titulado Airiños Mareiros, e unha copla do Maio Verdadeiro, datado de 1965.

A concelleira Itziar Álvarez foi a encargada de recoller estes documentos, que dende esta semana forman, xunto a outras moitas pezas, parte da historia do Museo Manuel Torres.

Comentarios