O Museo Massó, máis en liña que nunca

O Museo Massó de Bueu tivo que reinventarse durante o confinamento para seguir ofrecendo ao seus usuarios un abano cultural cheo de arte, música e historia. A última iniciativa céntrase nas receitas da figura buenense Amalia Bolibar
2020060814083859259
photo_camera A receita de almendrados de Amalia Bolibar dispoñible na web. DP

Co confinamento foron moitos os sectores que tiveron que reinventarse para continuar ofrecendo os seus servizos á poboación. É o caso do ámbito da cultura, en concreto o dos museos, que tiveron que buscar unha alternativa para ofrecerlle aos usuarios un amplo abano cultural, tanto para seguir conectados como para ser unha forma de entretemento durante os días de corentena.

Un deses museos foi o Massó de Bueu, que volveu a dar vida a súa páxina web para ofrecer ao público dende o primeiro momento un interesante programa de actividades, iniciativas e exposicións. A pesar de que os museos xa puideron abrir as súas portas na fase 2, o buenense continúa coas súas pechadas e enfocando a súa actividade a través da rede.

Arte, música e historia foron os tres protagonistas durante o confinamento na páxina web do Museo Massó, As actividades, ademáis, estiveron enfocadas a todos os rangos de idade, para que tanto os máis pequenos da casa como os maiores estiveran en contacto coa cultura durante as semanas de peche.

A primera das actividades telemáticas plantexadas polo Massó durante o confinamento foi unha relacionada coas orixes do mesmo —que antigamente era unha conserveira— destinada ao público infantil con vídeos tanto en galego coma en castelán. Moitas iniciativas do museo desenvolveronse vaixo o hashtag #ACulturaSegue.

O museo continúa traballando na súa actividade a través da rede

Outra das que máis atraeron a atención do usuario foi a posibilidade de coñecer as exposicións vixentes do Museo Massó baixo o lema Contigo na casa. O centro cultural buenense ofreceu ao público as exposicións Translatio Sancti Iacobi. A travesía marítima do Apóstolo, De Punta Balea a Cabo Morás o Crecer co Mar. Durante toda a corentena, paralelamente, tamén se foron compartindo vídeos relacionados co museo e coas súas exposicións, para achegar as historias aos usuario as súas casas.

Con motivo do Día do Libro o pasado 23 de abril, o recinto cultural buenense compartiu a iniciativa Liber Chronicarun, coa que os usuarios podían realizar unha viaxe imaxinaria por cidades medievais a través de Internet.

Durante a Semana dos Museos tamén se compartiron na rede diferentes vídeos relacionados con un tema. O de Bueu decidiu adicar un deles as traballadoras da limpeza baixo o hashtag #HeroínasMW. O Día Internacional dos Museos, celebrado o pasado 18 de maio, adicouse ás traballadoras da conserva cunha programación dixital ofrecida polo propio museo.

As actividades plantexadas polo museo a través da web durante a corentena estiveron destinadas a todos os públicos

Con todo, o centro cultural buenense non quixo esquecerse dalgunhas das figuras máis relevantes da localidade. Con motivo do seu pasamento, o museo homenaxeou a Staffan Mörling cunha relación de fotografías.

A última iniciativa do Massó tamén está relacionada cunha figura destacada na vila. Os próximos días estarán adicados a Amalia Bolibar Sequieros —pertencente a terceira xeración de fomentadores cataláns que estableceron en Bueu fábricas de salgadura— coa sección As recetas de Amalia sacadas dunha libreta de receitas que conserva o museo e que Amalia cociñaba todos os sábados para a súa familia.

Comentarios