O #NadalMarín pecha esta edición cun grande éxito de participación

A carpa 'Engado Xuvenil' do Parque Eguren estuvo chea durante os días de vacacións, o que demostra a necesidade de apostar por un espazo permanente para a mocidade na localidade
Unha das actividades dispoñibles durante o Nadal na carpa de 'Engado Marín' da Alameda. DAVID FREIRE
photo_camera Unha das actividades dispoñibles durante o Nadal na carpa de 'Engado Marín' da Alameda. DAVID FREIRE

Durante prácticamente un mes enteiro, as rúas, prazas e locais sociais do municipio marinense empaparonse de espírito navideño gracias as actividades do #NadalMarín. O acendido das luces o pasado día 5 de decembro, deu paso a un amplo e completo programa de actividades das que disfrutaron todos os veciños e habitantes doutros lugares, que se achegaron ata a vila para gozar das festas. A programación destas datas, organizada polo Concello, contando coa colaboración de diversas asociacións da vila, tivo unha moi boa acollida.

O Concello anotou que unha das maiores apostas da programación deste ano foron as carpas Engado Marín da Alameda e o Parque Eguren, no que se ofreceron diversas actividades para os máis pequenos e para a xuventude. O Goberno local incidiu especialmente na realización dun programa deseñado para este último segmento de idade, para o que o Concello trata de buscar opcións de ocio saudables e modernas dentro da vila.

A incorporación de xogos como o scape room ou o rocódromo, ademais dos tradicionais dardos, futbolíns e billares atraeron á mocidade, que puido gozar dunha alternativa de ocio na localidade durante as vacacións. Isto demostra, segundo explicaron fontes municipais, a necesidade de apostar por un espezo para a mocidade marinense que reúna este tipo de características na vila de maneira permanente, un proxecto no que se está a traballar por parte do Goberno local.

A carpa Engado Infantil da Alameda tamén colleitou grandes éxitos de público, grazas ás diversas opcións para os máis pequenos. Durante todas as xornadas, a carpa contou con apoio de monitores para así garantizas a tranquilidade dos país.

Baixo o nome #UnNadalParaTodos, o Concello tamén quixo promover a solidaridade durante estas datas coas diversas iniciativas levadas a cabo, como a recadación de fondos a través da venda de rifas do sorteo das tres cestas ou as campañas de recollidas de alimentos.

Por otra parte, as Ampas dos centros educativos da vila puideron tamén darlle un impulso á súa financiación co Mercadiño de Nadal. A carpa de Artesanía da Alameda tamén supuxo un atractivo para marinenses e turistas. Ademáis, o Concello agradeceu a todos os implicados na programación de Nadal o seu esforzo, sobre todo as asociacións e aos corpos de seguridade local.

Comentarios