Pablo Costas: "Se tivera que morrer, morría, pero a loita non a vou deixar"

Con cansazo, pero emocionado, Pablo Costas regresa a Bueu para reunirse coa súa familia tras unha odisea de case un ano, convencido de demostrar a súa inocencia e listo para embarcarse de novo
Pablo Costas a su llegada a Bueu. RAFA FARIÑA
photo_camera Pablo Costas a su llegada a Bueu. RAFA FARIÑA

Apenas unhas horas despois de pisar por fin a súa localidade natal, Costas dedica as súas primeiras palabras cara a cara a veciños e achegados que colaboraron por facer oír a súa voz a quilómetros de distancia. Mantén a súa inocencia ante as acusacións de pesca ilegal do Goberno de Australia e reitera a falta de documentación que as xustifique. A pesar do desgaste físico, asegura que non perdeu a esperanza en ningún momento, consciente da necesidade de pelexar polas súas conviccións e continuar "coa loita".

A noticia fíxose pública no verán, cando xa levaban meses retidos. Que cambiou entón?

Ata o mes de abril deste ano nós tratamos de aguantar e arreglar o asunto polos cauces tradicionais, coa Axencia Marítima e a empresa armadora, pero cando comezamos a ver que non aparecían papeis e non tiñamos resposta, foi cando pedín axuda consular en Riad, pero das persoas ao cargo é mellor nin falar. Foi inaptitude e desprecio.

Que ten que dicir ante a acusación de pesca ilegal do Goberno de Australia?

Son completamente inocente, teño licencia de pesca e bandeira, non son un barco pirata. Australia quere acaparar os recursos pesqueiros, é todo unha farsa. Esa famosa nota da Interpol voló, pasei polo control da Policía e non hai nada ao respecto. Cal é a base inicial desa detención? Non hai documentos de nada.

Son completamente inocente, teño licencia de pesca e bandeira, non son un barco pirata. É todo unha farsa

En maio decidiron renunciar aos seus postos como traballadores do barco, foi un momento decisivo?

Aí forzamos a situación. Co antecedente de que nos mataban de fame, decidimos que ou nos levaban detidos ou nos mataban, pero non se traballaba nin se movía nada. Recibíamos presións e chantaxes continuos.

Temeron polas súas vidas?

Claro, había moitísimas enfermedades. Alí o que morre, morre, non se sabe nada do coronavirus. Estábamos no muelle, hacinados con barcos que cargaban e descargaban animais e tripulación por igual. Nunca vin tanta miseria no mundo. Temía pola saúde.

Perdeu a esperanza nalgún momento?

A loita non é unha cuestión de ter ou non ter esperanza, a loita empézase e remátase. Se houbera que acabar morrendo, pois me tocaba morrer, pero eu a loita non a vou deixar.

Vai seguir tratando de demostrar que foi un secuestro?

Por suposto, vai caer todo polo seu propio peso.

Como foi saber que recibía o respaldo e apoio de centenares de veciños aquí en Bueu? como foi a súa volta a casa?

O apoio da xente foi o mellor, foi a chave de todo. Pasei pola casa agora, puiden beber auga da terra, lavarme e estar coa miña familia, pero quero cumplir coa xente, todos me axudaron. Non quero que volva pasar isto, aos ciudadanos hai que defendelos.

Agora empeza unha nova vida para vostede, que é o primeiro que fará?

Descansar e volver a traballar, as persoas debemos estar en activo.

Volverá subirse a un barco?

Si, por suposto, é o meu traballo.

Comentarios