La Pegatina e La M.O.D.A. súmanse ao cartel do Son Rías Baixas

A organización do festival, que se celebrará do 1 ao 3 de agosto, confirmou tamén a actuación de Muyayo Rif e Periferia Norte

Componentes de la banda La Pegatina. DP
photo_camera Componentes de la banda La Pegatina. DP

La Pegatina e La Maravillosa Orquesta del Alcohol (La M.O.D.A.) súmanse ao cartel da XVII edición do SonRías Baixas, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto en Bueu.

Ademáis destas dúas bandas, das máis destacadas na escena alternativa do Estado, a organización do festival confirmou este mércores a Muyayo Rif, unha das propostas máis vitalistas e sorprendentes da escena catalá, e aos valencianos Periferia Norte, capitaneados pola poderosa JazzWoman. Un irresistible cóctel festivo que se suma ás dúas bandas xa anunciadas: a mítica banda bilbaína de pop-rock en euskera Zea Mays e os valencianos Zoo.

As entradas para o festival, cuxo cartel se pechará ao longo das próximas semanas, están á venda na web sonriasbaixas.info cun prezo especial e limitado de 31 euros máis gastos os tres días de concertos, acampada incluída.

Comentarios