"Profundo malestar" entre os tripulantes do Venturer, que faran hoxe probas PCR

Os tripulantes e as súas familias están molestos pola falta de información
El pesquero gallego 'Venturer'. MARINE TRAFFIC
photo_camera O 'Venturer'. MARINE TRAFFIC

A CIG trasladou onte o "profundo malestar" existente entre as familias e os tripulantes do arrastreiro Venturer que permanecen confinados no Brasil tras detectarse un gromo de covid-19 a bordo ante a falta de información.

Dende a central denuncian que a compañía propietaria da embarcación, o grupo galego Puescapuerta, semella "máis preocupada por volver a traballar canto antes que polos seus empregados", ao tempo que critican que as administracións públicas "continúan desaparecidas".

Xavier Aboi, da CIG-Mar, sinala que tanto os tripulantes como as súas familias están moi molestos pola falta de información. "Os que permanecen dentro do barco non reciben información, até o punto de mañá (por este mércores) supostamente teñen que facer novas probas PCR, pero non saben nada", indica.

Comentarios