A reforma da subconca da ría de Aldán é autorizada polo Concello

UTE Gestión Cangas investirá 1,5 millóns de euros nas actuacións de saneamento
Puesta de sol en la Ría de Aldán. C.F.
photo_camera Ría de Aldán. C.F.

UTE Gestión Cangas investirá 1,5 millóns de euros na reforma do saneamento da ría de Aldán. Así foi aprobado no pleno municipal de decembro, que dá luz verde para que se acometan as actuacións de mellora da calidade medioambiental da subconca do Hío na ría de Aldán para evitar sobrecargar a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Cangas.

Ademais deste gran proxecto, aprobáronse tamén a ampliación da continuidade do primeiro tramo de abastecemento ata o barrio da Rosada e a reforma do saneamento e abastecemento da Avenida Espírito Santo.

Neste ano 2020 son seis os proxectos implementados pertencentes ás 37 medidas impulsadas dende a xestora consideradas prioritarias para o municipio. UTE Gestión Cangas mobilizou 2,2 millóns este 2020 para a mellora e modernización do ciclo da auga en Cangas, un total do 62% do investimento comprometido.

A instalación de sistemas para separar as pluvais nas zonas de Vilariño, Liméns, Vilanova e O Hío e a reforma dos bombeos e as tuberías da zona minimizarán as infiltracións das augas subterráneas nos pozos de bombeo, que causan o exceso de caudal que provocan os alivios á Ría de Aldán. No lugar de O Hío crearase unha rede primaria de recollida de pluviais que discorrerá pola baixada ao Rapallo, rúa do Viñal e a rúa Baixa a Riosteiro. A construción dun colector para fecais que se conectará á rede de pluviais existente na rúa David Cal e un novo colector na rúa Viñal e baixada a Rioesteiro renovarán por completo o saneamento actual.

A mellora no sistema de bombeos comeza pola construción dun novo pozo de bombeo que substituirá o existente e instalación dun sistema de telecontrol na EBAR de Vilanova. Continúa na de Vilariño e Liméns, onde se instalará un areeiro.

Comentarios