O San Xoán de Marín, único en toda a provincia

A localidade marinense celebrou a noite máis curta entre estritas medidas de seguridade e con ganas de "ver arder ao virus"
RAFA Marín. Fogueira en Cantodarea. As 22.00 queiman a primeira
photo_camera A fogueira de Cantodarea. RAFA FARIÑA

Mascarilla e distancia social tamén para a noite máis máxica do ano, a de San Xoán, que foi aínda máis máxica na vila marinense. A situación extraordinaria provocada pola crise sanitaria do coronavirus, levou a que a celebración quedase en nada en practicamente toda a comunidade galega coa cancelación de cacharelas públicas, sardiñadas multitudinarias e as restriccións ás praias.

A tradición quixo arraigarse máis que na parroquia de Cantodarea, en Marín. A localidade converteuse este martes, xunto cunha praia de A Pobra do Caramiñal, na única de Galicia que celebrou a noite de San Xoán, chegando a ser tamén das poucas lumieiras públicas de en todo o territorio español, o que espertou o interese de medios de comunicación nacionais.

Centos de persoas déronse cita á noitiña na parroquia marinense que entre os malos espíritos queimous "a covid-19" entre fortes medidas de seguridade. Efectivos da Policía Local, Protección e 112 encargáronse de controlar que se respectaran os circuítos de entrada e saída da contorna da fogueira, así como de que ninguén esquecera poñer a súa mascarilla ou colocala ben.

Nos dous anos que se vén organizando esta festa en Cantodarea, a organización sempre satirizou dalgunha maneira ás fogueiras. O primero ano realizáronse dous barcos de madeira de grandes dimensións, mentras que o pasado construíron un furancho ao que se podía acceder durante a tarde a consumir viño antes de ser queimado.

Centos de persoas participaron na única fogata pública da comarca, que sin embargo rexistrou centos de lumes particulares

Este ano decidiron adicarlle a cacharela ao coronavirus, representado cun boneco e que se queimou en sinal de protección e purificación, xa que a tradición das fogueiras é queimar aquelo que non se desexa. Tamén se fixo unha homenaxeando ao tráfico de eólico do Porto de Marín.

RAFA Marín. Fogueira en Cantodarea. As 22.00 queiman a primeira

A primeira fogueira en arder foi a do coronavirus ás 22.00 horas, un horario marcado para que os máis pequenos disfrutasen acompañados da súa familia dun momento máxico. Tanto a temática, como o feito de ser dos poucos festexos da zona -xa que outros concellos optaron por a celebración de un San Xoán sen lume ou en fincas privadas- reuniu a centos de participantes que se achegaron pouco a pouco a Marín para purificarse e darlle a benvida ao verán.

No concello realizáronse máis de 98 fogueiras de índole privada mentres que se permitiron seis públicas

Os locais de hostalaría da zona tamén se uniron á festa na que se venderon ducias de quilos de sardiñas. Mexilóns e churrasco foron outras das racións que os participantes na festa puideron degustar para saborear cando menos o San Xoán. O Concello de Marín prohibíu o acceso ás praias, un aliciente para que se reunise máis xente en Cantodarea. Esta festa, pouco a pouco, vai collendo máis relevancia e importancia en toda a comarca.

Para controlar o aforo estableceuse un circuíto diferenciado de entrada e saída,ao que se accedía por dúas entradas e se saía por outras dúas. Ata o peche desta edición non se rexistraron incidencias e os efectivos policiais subliñaron a colaboración da veciñanza.

RAFA Marín. Fogueira en Cantodarea. As 22.00 queiman a primeira

Comentarios