'Sequeliño', o pingüín galego adoptivo dos nenos do CEP Sequelo de Marín

O alumnado do Sequelo fixo oficial onte o apadriñamento do animal da Antártica
photo_camera Na base militar realízase unha investigación sobre o pingüín. EFE

O alumnado do CEP Sequelo de Marín fixo este venres oficial o apadriñamento de un novo compañeiro: un pingüín da Antártica. O animal foi bautizado polos nenos como Sequeliño, "queríamos que tivese o nome do colexio, pero que se soubese que hai un galego na Antártica, por iso añadimos o -iño", comenta o tutor da clase de quinto B, José Antonio Pazos.

A iniciativa parte dunha campaña do Exército de Terra a través da súa base da Antártica, a Gabriel de Castilla. Localizada na Isla Decepción, entre as misións que acometen se atopa a xestión medioambiental do lugar, así como a realización de diversos proxectos científicos.

Os pingüíns antárticos forman parte dun deles nun estudio sobre a resposta inmune, o parasitismo, os contaminantes e o comportamento de búsqueda de alimento do animal que se está levando a cabo polo Museo Nacional de Ciencias Naturais.

Esta iniciativa dará comezo nas aulas a un amplio traballo de investigación e concienciación sobre o animal e o seu entorno

Así, estes pequenos animais convertéronse nuns dos protagonistas desta campaña militar. Unha iniciativa que non pasou desapercibida no CEP Sequelo de Marín.

A idea xurdiu grazas a información dun dos pais dos nenos que estudan en quinto de primaria. Integrante do Exército de Terra, foi o encargado de transmitirlle ao seu fillo esta nova proposta, quen non dudou en comentarllo aos seus compañeiros de clase.

Desta maneira, o profesorado do curso, entre eles José Antonio Pazos, púxose en marcha para facer realidade o desexo dos pequenos e incorporar á plantilla do centro un novo compañeiro.

En tan só uns minutos, coa cumplimentación dun formulario completamente gratuito, o alumnado do CEP Sequelo déulle a benvida a Sequeliño, un pingüín antártico que agora conta coa protección de todos os nenos e nenas do centro escolar.

Estos certificados son un compromiso da base militar española. Así, a través do coidado do Medioambiente para facer da Terra un lugar máis sano, pretenden conseguir que estes pingüíns apadriñados poidan sobrevivir e coidar dos seus polluelos, que nacerán nesta zona tras a súa volta no verán austral. Os pequenos poliños, que viven preto da base española, voltan ao lugar tras pasar o inverno en zonas máis cálidas, para continuar o seu ciclo de vida e procrear nas condición especiais que lles proporciona a Isla Decepción. Así, o traballo medioambiental que realizan neste lugar os militares da Gabriel de Castilla é de vital importancia para estes animais.

O próximo ano tentarán conseguir a videoconferencia coa base militar na illa na que se atopa o pingüín

CONCIENCIAR. Por outro lado, esta proposta é o pistoletazo de saída dun amplio traballo de concienciación e investigación que o profesorado levará a cabo cos alumnos do centro. Coñecer os pingüíns, o seu entorno e concienciar aos nenos na importancia de coidar o planeta son os principais obxectivos do centro que se atopa "moi concienciado co Medioambiente", sinala Pazos.

Esta é só unha das actividades que os alumnos do colexio realizan durante o curso. O cultivo dunha horta ecolóxica, a ensinanza en compostaxe ou a elaboración dun programa de radio adicado exclusivamente á ecoloxía, son algunhas das outras iniciativas nas que os nenos do Sequelo traballan durante todo o ano.

Agora xa se atopan planeando a súa seguinte contribución coa campaña militar na que esperan poder conseguir a videoconferencia coa base da Antártica á que este ano non chegaron a tempo para apuntarse. "Os rapaces están encantados", destaca o profesor.

Comentarios