O SonRías Baixas despídese con récord

O festival xerou un impacto económico no territorio de 1’5 millóns de euros e creou 540 empregos directos
Despedida do SonRías Baixas. ROCÍO CIBES
photo_camera Despedida do SonRías Baixas. ROCÍO CIBES

Despois de tres días e máis de 20 concertos en dous escenarios, o festival de Bueu SonRías Baixas, despediuse o sábado con récord de asistentes. Segundo a organización, foron 22.400 persoas as que pasaron polo evento, que este ano cumpría 20 edicións. Segundo datos do festival, á proposta acudiu "un público maioritariamente novo".

A organización do evento tamén quixo destacar as actuacións de Natos y Waor, La Pegatina, Arde Bogotá ou Macaco. A de La Pegatina, na xornada de peche, acabou converténdose nunha auténtica festa coa que o grupo catalán celebrou o seu XX aniversario.

SonRías Baixas tamén fixo balance económico. Segundo calcula o festival, xerou un impacto económico no territorio de 1’5 millóns de euros e creou 540 empregos directos.

Comentarios