O SonRías Baixas presenta o seu cartel por días e pon á venta entradas e bonos

O abono para os tres días está a un prezo de 40 euros máis gastos, coa acampada incluída

Público entrengado en la edición del SonRías de 2017. RAFA FARIÑA
photo_camera Público entregado na edición do SonRías de 2017. RAFA FARIÑA

A banda italiana de ska-punk Talco abrirá, o xoves 2 de agosto, a XVI edición do SonRías Baixas, que encherá de novo Bueu de festivaleiros coa súa mestura de boa música, gastronomía e praia. A organización do festival, que nos seus 16 anos de vida se ten convertido en toda unha referencia do verán en Galicia e no resto da península, vén de anunciar a distribución por días do seu completo programa musical, con Talco, Revolta Permanent e Assekes o xoves 2; La Raíz, Desakato, Che Sudaka, Terbutalina e Sara Hebe o venres 3, e Berri Txarrak, Gatillazo, Muchachito, Muerdo e The Skarnivals o sábado 4 de agosto.

Este martes saíron á venda na web do festival un número limitado de entradas de día, que se poderán adquirir por 18 euros máis gastos no caso das do xoves, e por 25 as do venres e o sábado. O abono para os tres días está a un prezo de 40 euros máis gastos, coa acampada incluída.

Talco ofrecerán no SonRías Baixas o seu único concerto nos festivais de verán galegos e farano cun novo disco debaixo do brazo, And the winner isn"t, publicado en febreiro deste 2018.

O pasado verán, este festival converteu Bueu no epicentro do rock e das músicas do mundo. A organización quixo anticiparse ás novas tendencias, amosando o seu carácter pioneiro, ao utilizar por primeira vez en Galicia as pulseiras cashless para permitir o acceso ao recinto e para pagar en todos os puntos de comida, bebida e merchandising. Un auténtico despregamento de medios e de personal humano para a edición máis madura da historia do festival, que tamén deu un gran salto adiante noutras áreas como produción, loxística ou comunicación e que supuxo para Bueu unha inxección económica de 1.500.000, chegándose ao pleno de ocupación hoteleira.

Comentarios