O Stock Marín contará nesta edición con 22 establecementos

O evento celebrarase do 4 ao 6 de agosto e contará co espectáculo O Gran Circo de Pulgas como actividade complementaria
A edil Cristina Acuña e o director xerente de Estrela de Marín, Yonathan Carreira.  DP
photo_camera A edil Cristina Acuña e o director xerente de Estrela de Marín, Yonathan Carreira. DP

A Alameda converterase durante o primeiro fin de semana de agosto no epicentro do comercio local coa celebración da cuarta edición do Stock Marín. A concelleira de Turismo e Comercio, Cristina Acuña, e o director xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, Yonathan Carreira, presentaron onte pola mañá este evento, que este ano contará con 22 establecementos participantes, que se instalarán durante tres días en carpas individuais que se disporán ao longo da Alameda.

Os establecementos participantes son: A Mi Love, Acolá, Alma Libre, Bambino, Beep, Bolboreta, Bule Bule, Carmencitas, Deportes Xesta, Espazo Lector Nobel, Five Sport, Inés Marcos, Mercería Labores Patchwork, Mi Mamá Me Mima, Nayma Moda Mujer, OSBS, Paíno & Maína, Servilar Decoración, Tamara Onlinee, Tamara Piel, Toscana Store e Xoiería Muíños.

Estes establecementos ofrecerán a uns prezos extraordinarios produtos relacionados cos seguintes sectores: moda home-muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, xoiería, bisutería, informática, alimentación, papelería, cosmética e perfumería, material escolar e xoguetería. O horario do evento será de 11 a 14.00 e de 18 a 22 e a entrada será gratuíta. Consideramos que nestes momentos, este evento é unha boa ferramenta

Coa finalidade de premiar as compras que se efectúen durante o evento levarán un regalo promocional, consistente nun parasol e de bolsas reutilizables. Os clientes deberán mostrar no stand de Estrela de Marín o seu xustificante de compra.

Como actividade complementaria, haberá un espectáculo de maxia infantil, consistente en seis pases pola mañá e pola tarde do espectáculo do O Gran Circo de Pulgas, do mago Jose Mari.

Comentarios