A terra do Lago Castiñeiras, escenario do novo videoclip de Tanxugueiras

Trece Amarillo escolleu o invernadoiro no que traballa a Fundación Juan XXlII para o clip
Rodaxe videoclip Seghadoras de Tanxugueiras
Rocio Cibes
30/05/22
photo_camera Rodaxe videoclip Seghadoras de Tanxugueiras Rocio Cibes 30/05/22

Unha noite de abril foi suficiente para gravar o novo videoclip de Tanxugueiras, Seghadoras, sinxelo publicado na noite de San Xoán no que reivindican o empoderamento feminino a través da labor tradicional das segadoras, que se presenta como o fío conductor. E unha vez máis, a empresa marinense Trece Amarillo estivo detrás.

Nesta ocasión, os produtores audiovisuais Diego M. Barcia e Diego Santaclara foron capaces de facer maxia nun invernadoiro ubicado no Lago de Castiñeiras, no que a día de hoxe traballa a Fundación Juan XXIII. Con todo, atopar esa ubicación non foi un traballo sinxelo.

                      Un momento da rodaxe do videoclip de "Seghadoras" no invernadoiro da Fundación Juan XXIII situado no Lago de Castiñeiras.
O invernadoiro antes da preparación para a rodaxe. TRECE AMARILLA

"Ellas (Tanxugueiras) nos presentaron la canción y nos dijeron lo que querían, que era volver a los orígenes y que la tierra se convirtiese en el elemento principal para hacer referencia a lo tradicional y a la labor de las segadoras", explica Diego Barcia, que dende ese momento, na produtora tiveron claro que a ubicación tiña que ser un invernadoiro.

A tarefa de búsqueda levoulles un tempo, xa que coincidían moitos factores que lles impedían atopar un lugar axeitado: a época do ano (en abril é tempo de plantar), o que provocou que non houbese invernadoiros dispoñibles; a ausencia de terra no chan deste tipo de lugares, que era o elemento principal do vídeo e non é algo habitual, xa que en moitos se traballa sobre mesas; e a amplitude dos mesmos.

Pero finalmente, os seus requisitos víronse cumpridos cando deron co invernadoiro da Fundación Juan XXIII, que colaborou en toda a preparación do espazo para a rodaxe, e que ademais estaba en Marín, un escenario habitual xa nas producións de Trece Amarillo para Tanxugueiras. "Quedamos con ellos y enseguida mostraron su colaboración. Nos dijeron que si necesitábamos poner tierra en el suelo, que se encargaban ellos de conseguirla y colocarla", conta Diego Barcia.

SET. A montaxe realizouse todo nun día. A dirección de arte, con axuda dos traballadores de Juan XXIII -que cedeu parte das plantas que se utilizaron-, foi a encargada de crear un set con vexetación, tanto para o fondo como para o instrumentos. Tamén se utilizaron 16 tubos led cunha paleta de cores naranxa e azul para as esceas principais e un estrobo blanco co que se buscaba transmitir «una sensación rabia, imprescindible para contar la historia que intenta transmitir la canción. Querían salir guerreras y el recurso visual que lo conseguía era ese".

Nesta ocasión, para o videoclip de Seghadoras, contouse coa presencia dos dous músicos que xiran con Tanxugueiras, Iago Pico e Isaac Palacín. Un dos obxectivos do clip era o de realizar un falso directo, polo que "su presencia era importante".

Trece Amarillo tamén viu imprescindible continuar apostando por Marín e pola comarca do Morrazo en xeral para a gravación dos videoclips; os últimos, Desidia e Pano Corado, tamén foron rodados en diferentes puntos da contorna. "Ya no solo nosotros, sino que PlayPlan, su productora, es de Bueu. Todo queda en O Morrazo. Además, tanto ellas como nosotros, teníamos claro que queríamos apostar por Galicia, por las Rías Baixas, en los videoclips. No tendría sentido irse a otros lugares teniendo lo que tenemos aquí", asegura Barcia.

Comentarios