Últimos días para participar no concurso de relatos de muller Matilda Bares de Bueu

O prazo de presentación das obras, exclusivamente escritas en lingua galega, finaliza o día 30 deste mes
Imagen de material de escritura. PIXABAY
photo_camera Imaxe de material de escritura. PIXABAY

O próximo día 30 finaliza o prazo para participar na décimo primeira edición do concurso de relatos de muller Matilda Bares do Concello de Bueu. No certame, que tivo que paralizarse o pasado mes de marzo con motivo da pandemia, poderán concorrer relatos en lingua galega que traten temas relacionados co fomento da igualdade entre mulleres e homes, a corresponsabilidade nas obrigas familiares ou a violencia de xénero.

Por outra banda, as persoas interesadas en participar nos premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo poderán enviar as súas obras ata o próximo 31 de xaneiro. As bases de ambos certames poden consultarse a través da web do Concello de Bueu.

Comentarios