Os veciños de Marín xa disfrutan da senda peonil entre Vilaseca e Lapamán

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira Ethel Vázquez supervisaron onte a actuación
photo_camera Ethel Vázquez, María Ramallo e Alfonso Rueda, onte. DAVID FREIRE

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisaron este venres a senda peonil entre Vilaseca e Lapamán, que xa está a disposición dos veciños de Marín co fin de favorecer a mobilidade sustentable e incrementar a seguridade viaria na contorna. A esta visita tamén asistiron a alcaldesa marinense, María Ramallo, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

Trátase dunha nova senda peonil -dentro do Plan de Sendas de Galicia-, cuxas obras veñen de rematar, que se constuíu pola marxe dereita desta estrada que une Marín con Bueu (PO-551), no tramo entre Vilaseca e Lapamán, mediante un investimento autonómico de 750.000 euros. O novo itinerario peonil, cunha lonxitude de 1,5 km e que chega á zona da praia, foi executado en formigón coloreado para que sexa facilmente visible por todos os usuarios e por parte dos condutores.

A actuación inclúe unha pasarela de madeira ancorada a estrutura da ponte xa existente grazas á que se poderá salvar un pequeño rego en condicións de seguridade garantindo a continuidade da senda. Tamén se habilitou unha banda de aparcadoiro en liña, nas proximidade da praia de Lapamán, co fin de facilitar o estacionamento na zona.

O Gorbeno galego daralle continuidade a este proxecto con outra actuación para a eliminación dun tramo de concentración de accidentes na mesma estrada (PO-551), ao paso polos Concellos de Bueu e Marín, cun orzamento de máis de 1,2 millóns de euros.

María Ramallo, alcaldesa de Marín, explicou que "esta senda é moi importante para nós porque é unha carreteira moi frecuentada, sobre todo na época estival. Esta zona é ambientalmente maravillosa e invita ao paseo. É unha zona na que a mobilidade había que arranxala desta maneira e así garantiza un desplazamento seguro". Ethel Vázquez confirmou que "este é o remate dunha senda importante. Na Xunta realizamos pequenos investimentos, pero que teñen grandes efectos cando se levan adiante, esta senda é o gran exemplo".

Comentarios