Volve o programa 'Violencia Zero' da man da danza de Elahood en Marín

A Deputación de Pontevedra retoma as actividades desta iniciativa que ten como obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas
 
Cartel Violencia Zero. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Cartel Violencia Zero. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A quinta edición de Mulleres en Acción. Violencia Zero viuse truncada pola pandemia da Covid-19 e o conseguinte confinamento. De todos modos, dende a Deputación decidiron retomar as propostas artísticas o vindeiro xoves 23 de xullo.

A Alameda de Marín acollerá a volta destas accións, neste caso coa peza de danza urbana Protocolo, que ofrecerán Sabela Domínguez e Julia Laport, fundadoras e integrantes da compañía Elahood. A hora da cita será as 12:30 na localidade pontevedresa. 


A linguaxe de Elahood

As artistas integran na súa peza elementos de varias danzas urbanas como o waacking, ou o popping combinados de diversas formas para crear un vocabulario de seu. O obxectivo final desta linguaxe tan persoal é contar historias en movemento. En Protocolo o tema principal son as imposicións sociais ás que as mulleres se teñen que adaptar para sentirse aceptadas hoxe en día.


Programación

Ao longo de xullo e agosto, desenvolveranse outras seis propostas en espazos públicos ao aire libre de distintos concellos da provincia, sempre coas medidas de seguridade derivadas da crise sanitaria.

Entre as actividades programadas atópanse catro das seis que tiveron que ser suspendidas debido ao estado de alarma e que ían a ter lugar en Mondariz, Pontecesures, Gondomar e O Grove durante os meses de abril, maio e xuño. As dúas restantes celebraránse nos vindeiros meses, en Tui e Cerdedo-Cotobade, como estaba acordado previamente.
 

Comentarios