sábado. 06.06.2020 |
El tiempo
sábado. 06.06.2020
El tiempo

Xa son 6 os falecidos con covid na residencia DomusVi de Cangas

Porta dunha residencia DomusVi.SALVADOR SAS
Porta dunha residencia DomusVi.SALVADOR SAS
Máis de 100 residentes e 17 traballadores deron positivo nas probas

O falecemento doutra persona, residente do centro xeriátrico DomusVi de Cangas, eleva a 6 o número de usuarios desta residencia que faleceron con coronavirus.

Fontes de Política Social informaron dunha sexta morte entre os residentes do centro, unha persona que faleceu nas propias instalacións de Cangas a madrugada deste mércores.

Este falecemento eleva a 6 o número de residentes do centro que morreron con coronavirus (dous deles fixérono no hospital). Ademais, segundo os últimos datos facilitados por Política Social, hai máis de 100 casos de residentes infectados polo virus, e 17 traballadores que tamén deron positivo nas probas.

Esta sexta persona falecida súmase ao cómputo de 120 mortes rexistradas até agora nos hospitais galegos, e que trasladaron fontes de Sanidade.

A residencia DomusVi de Cangas é un dos dous centros xeriátricos intervidos pola Xunta (xunto á residencia DomusVi do barrio vigués de Barreiro). Segundo explicaron traballadores e familiares de residentes, até alí desprazouse un equipo sanitario de Povisa para reforzar a atención e está previsto que este xoves se realicen novas tarefas de desinfección, a cargo da Ume; así mesmo, está previsto o trasladado dos maiores que deron negativo nas probas do covid á Residencia de Tempo Libre que a Xunta ten en Panxón, Nigrán.

Xa son 6 os falecidos con covid na residencia DomusVi de Cangas
Comentarios